GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mos colocará na rotonda de Peinador un monumento á emigración, composto por dúas pezas de granito

(18/02/2019)

Mos colocará na rotonda de Peinador un monumento á emigración, composto por dúas pezas de granito



Redacción, Vigo | 16 Febreiro 2019 - Crónicas da Emigración


Escultura 'Home de pé co seu fillo'.

Escultura 'Home de pé co seu fillo'.



A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este venres, no Pazo Provincial, o convenio para a doazón das esculturas da exposición ‘Nado en Pedra’ da Escola de Cantería da Deputación que lucirán na rotonda de Peinador.

Trátase do monumento á emigración, composto de dúas pezas escultóricas, que a rexedora local mosense considera “moi vinculado á historia e á realidade actual do noso Concello, por unha banda historicamente pola abundante emigración á Arxentina que se viviu entre a poboación mosense desde comezos do século pasado, e, por outra, porque vai estar instalado nunha glorieta á beira do aeroporto de Peinador, sendo os aeroportos os grandes centros neurálxicos das migracións poboacionais contemporáneas”. Ademais, Arévalo destacou que “con este monumento cumprimos a promesa contraída cos emigrantes mosenses en Buenos Aires, de facerlles unha merecida homenaxe escultórica en pedra no seu municipio de orixe”.

A mostra da Escola de Cantería ‘Nado en pedra’, da que proceden as pezas integrantes do monumento á emigración mosense, acaba de finalizar o seu percorrido pola provincia e, debido á súa boa acollida entre a cidadanía e o interese dos concellos, decidiuse doar as pezas escultóricas que forman parte da exposición. Así, a Mos doaránselle dúas esculturas: ‘Home de pé co seu fillo’ –peza de granito de 185 x 82 x 65 cms. realizado por José Luis Fernández Ferradáns– e ‘Maleta’ –peza de granito de 75 x 25 n x 25 cms. obra de Álvaro Somoza López–.

‘Nado en pedra’ é unha mostra itinerante cuxa finalidade é poñer en valor os traballos realizados desde a Escola de Cantería da Deputación. A exposición componse dunha vintena de pezas de gran tamaño, algunha delas de máis de 1.000 quilos de peso, que teñen por temática central a figura humana.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas