GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consuelo Rumí presidiu a reunión do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes

(15/02/2019)

Consuelo Rumí presidiu a reunión do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes



Consuelo Rumí en el centro de la imagen con la ministra de Migraciones, Magdalena Valeria.

Consuelo Rumí no centro da imaxe coa ministra de Migracións, Magdalena Valeria.



A REXIÓN INTERNACIONAL 14/02/2019

 

A secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, reafirmou hoxe na reunión do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes a aposta do Goberno por recuperar a política de integración na axenda pública.

Consuelo Rumí, que presidiu a primeira reunión da presidenta do Foro, Cristina Blanco, subliñou a gran importancia que adquire este órgano esencial para “asesorarnos no deseño de políticas públicas dirixidas a fortalecer os alicerces dunha sociedade cohesionada, que visibilice o valor da diversidade”.

O nomeamento da socióloga Cristina Blanco, cunha ampla experiencia académica e investigadora ligada ao ámbito das migracións, aposta por unha presidencia sólida e comprometida, que, segundo a secretaria de Estado de Migracións, “terá un enfoque da integración que pivote sobre principios tan importantes como a igualdade, a cidadanía, a interculturaliad e a inclusión”.

A responsable de Migracións lembrou como unha das prioridades do Executivo a elaboración do Plan Estratéxico de Cidadanía de Integración, anunciado polo Presidente do Goberno en Marrakech con motivo do Pacto Mundial para unha Migración Segura, Ordenada e Regular das Nacións Unidas.

O obxectivo deste Plan, segundo afirmou Consuelo Rumi, é que se converta nun instrumento útil para promover a integración dos inmigrantes e dos solicitantes e beneficiarios de Protección Internacional en España. “E que sexa un Plan dirixido ao conxunto da poboación, coa interculturalidad como principio articulador das políticas de integración”, engadiu.

A secretaria de Estado de Migracións anunciou que o papel do Foro para Integración Social dos Inmigrantes, da súa nova presidenta e do próximo Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración “está chamado a ser parte do antídoto contra os discursos populistas e nacionalistas que algúns queren instalaar no noso país”. “Estou segura que o traballo deste Foro contribuirá a fomentar a tolerancia e a convivencia en España”, finalizou Consuelo Rumí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas