GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta achaca ao Goberno arxentino a actual situación do Centro Galego de Buenos Aires

(14/02/2019)

A Xunta achaca ao Goberno arxentino a actual situación do Centro Galego de Buenos Aires

 

 En Marea apremou ao Executivo autonómico a “mover ficha” ante a “posible venda” do edificio da institución



RedacciónSantiago 0 | 14 de febreiro de 2019


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, afirmou no Parlamento galego que a “responsabilidade” da complicada situación do Centro Galego de Buenos Aires “non cae na Xunta nin en ningunha formación política española”, senón “no Goberno de Arxentina”.

Así respondeu o dirixente do Executivo galego a unha pregunta formulada pola deputada de En Marea, Ánxeles Cuña, quen apremou á Xunta a “mover ficha” ante a “posible venda” do edificio da institución despois de que responsables do Goberno galego, segundo dixo, “expulsasen” ao Centro Galego de Buenos Aires de Ospaña, organización “creada precisamente” para protexer estas instalacións.

O conselleiro recriminou á parlamentaria por formular unha pregunta “bastante absurda no fondo e a forma”, xa que foi rexistrada en virtude dunha  asemblea do Centro Galego de Buenos Aires que se ía a celebrar o pasado luns 11 de febreiro e que finalmente se atrasou.

Cuña dixo que o interventor da institución aprazou esta reunión por motivos como “a situación macroeconómica de Arxentina” e a “especificidade” do Centro Galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas