GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alcalde do Barco continúa reclamando unha oficina permanente do DNI

(14/02/2019)

O alcalde do Barco continúa reclamando unha oficina permanente do DNI

Alfredo García acudio a unha reunión en Madrid co director xeral e a Policía

 

 


Ourense 13/02/2019

 

O alcalde do Barco, o socialista Alfredo García Rodríguez, acudiu este martes a unha reunión en Madrid co director xeral da Policía, Francisco Pardo Piqueras, e o xefe da División de Documentación e Arquivo, Francisco Ferreiro Fernández-Quesada, na que trataron a necesidade de abrir unha oficina de Estranxeiría e Documentación permanente na capital de Valdeorras.

 

Coa apertura desta sede, todas as xestións relacionadas coa expedición e renovación do DNI e do pasaporte, así como a documentación de estranxeiría, levarían a cabo directamente desde O Barco, evitando desta forma as numerosas viaxes á capital da provincia, situada a máis de 120 quilómetros da comarca valdeorresa. Suporía axilizar trámites e optimizar o tempo.

 

O alcalde estivo acompañado polo senador Luis García Mañá, impulsor desta proposta fai xa máis dun ano, e tamén expuxo que, de levarse a cabo, a unidade sitúese no edificio dos antigos xulgados, onde tamén está previsto situar á Policía Local. De conseguirse este obxectivo, todos os servizos policiais do Barco atoparíanse no mesmo edificio.

 

Tal e como indicou o director xeral da Policía, é preciso que o Concello solicite de xeito formal a creación desta oficina tras ter alcanzado un acordo no pleno municipal. Por iso é polo que o alcalde adiante que levará a proposta á próxima sesión do mes de marzo.

García asegura que a reunión foi moi positiva e espera que nuns meses «se poda recibir unha confirmación relativa a esta reivindicación que levamos facendo desde hai anos», tal e como explica o propio rexedor.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas