GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas para as familias venezolanas con raíces ourensás que regresen este ano

(14/02/2019)

Axudas para as familias venezolanas con raíces ourensás que regresen este ano


A iniciativa enmárcase dentro dos plans que ten a Xunta para atender ao colectivo de venezolanos tras a crítica situación que se está vivindo en Venezuela



Redacción | Ourense 14/02/2019



Os venezolanos que chegaron a partir do pasado 1 de xaneiro á provincia teñen este venres, a partir das 11,00 horas, un cita nas instalacións que ten a asociación ourensá venezolana Alma Llanera nas Galerías Proyflem, á altura do número 91 da rúa Progreso da cidade. O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, explicaralles as liñas de axuda que ten en marcha a Xunta para favorecer o seu asentamento na provincia e abrirse un novo camiño.

 

Os responsables de Alma Llanera, promotores da iniciativa, facían este mércores un chamamento a todos os venezolanos retornados, instándolles a que acudan á cita para asesorarse e formular as preguntas que estimen oportunas. As subvencións benefician especialmente ás familias con fillos menores, dado que unha das medidas pasa por conceder unha axuda por cada fillo que sexa menor de 18 anos que chegase á provincia desde o pasado 1 de xaneiro. Ademais, os asistentes poderán solicitar información de primeira man do titular galego para a Emigración sobre os programas económicos que ten en marcha a Xunta para favorecer o emprendemento.

A iniciativa enmárcase dentro dos plans que ten a Xunta, por unha banda para facilitar o asentamento de poboación, sobre todo no medio rural, e, por outro, para atender ao colectivo de venezolanos tras a crítica situación que se está vivindo en Venezuela, o que os converte nun dos máis vulnerables dos galegos na diáspora.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas