GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consuelo Rumí resalta o cambio que supuxo en materia de migracións a recuperación das políticas de integración

(07/02/2019)

Consuelo Rumí resalta o cambio que supuxo en materia de migracións a recuperación das políticas de integración


A secretaria de Estado de Migracións participou hoxe na presentación do Anuario CIDOB da Inmigración 2018


Anuario Inmigracion CIDOB

Segundo estudos internacionais, os españois son os cidadáns europeos máis favorables aos fenómenos migratorios


Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social 06/02/2019



A secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, fixo hoxe especial fincapé no cambio que supuxo en materia de migracións a recuperación da políticas de integración por parte do Goberno, que sitúa como prioridade “a xestión con responsabilidade e solidariedade dun fenómeno que supón unha gran oportunidade e non unha ameaza”.

Consuelo Rumí pronunciouse desta maneira na presentación do Anuario CIDOB da Inmigración que, baixo o título “Inmigración e Asilo, no centro da area política”, analiza o estado e a evolución da inmigración en España, do que se debuxa unha nova etapa ascedente do ciclo migratorio que predice a recuperación dos niveis de inmigración anteriores á crise.

A secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, mostrouse partidaria de “facer pedagoxía e apelar á verdade, con datos e estatísticas reais para desarmar a quen alimenta a mentira con argumentos que criminalizan aos inmigrantes, presentandos como os grandes culpables da nosa sociedade”.

A responsable de Migracións valorou a importancia dos estudos internacionais que reflicten o feito de que os españois son os cidadáns europeos máis favorables á inmigración, “circunstancia que pode contribuír a salvagardar valores esenciais dunha sociedade democrática, ao mesmo tempo que debería facer reflexionar “a quen se ven tentados a fomentar discursos racistas e xenófobos construídos sobre premisas falsas”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas