GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abre o prazo das axudas xerais para promocionar o emprego autónomo e a contratación indefinida de traballadoras e traballadores, con incentivos específicos para persoas emigrantes retornadas

(07/02/2019)

A Xunta abre o prazo das axudas xerais para promocionar o emprego autónomo e a contratación indefinida de traballadoras e traballadores, con incentivos específicos para persoas emigrantes retornadas

 

A contía pode chegar, no caso de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro que regresen á comunidade autónoma, ata os 9.000 euros.

 

A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria está dirixida a autónomas e autonómos ou traballadoras e traballadores por conta propia que se dean de alta entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, data de peche do prazo de solicitude.

 

Ademais de incentivar o autoemprego, a orde fixa axudas de ata 15.750 euros pola contratación indefinida de traballadoras e traballadores durante os primeiros tres anos de actividade.

 

A contía pode chegar, no caso de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro que regresen á comunidade autónoma, ata os 9.000 euros

A contía pode chegar, no caso de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro que regresen á comunidade autónoma, ata os 9.000 euros

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019.

 

A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar as axudas xerais que presta para a promoción e consolidación do emprego autónomo, así como as que concede a traballadoras e traballadores autónomos pola contratación indefinida de persoas asalariadas, que inclúen un incentivo específico para as e os emigrantes retornados. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) na Orde do 21 de decembro de 2018, que regula as bases dos dous programas que inclúe esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

 

Na primeira liña de axudas os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade dun colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive, como titular do negocio ou explotación. As contías oscilan entre os 2.000 euros do caso das persoas desempregadas en xeral e os 9.000 que constitúen a cifra máxima. No caso de ser menores de 30 anos, persoas desempregadas de longa duración ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, a cantidade aumentará en 4.000 euros; mentres que as mulleres, as persoas maiores de 45 anos, as e os emigrantes retornados, as persoas trans e aquelas e aqueles traballadores autónomos que instalen o seu centro de traballo nun concello rural poden ver incrementadas as axudas ata nun 25% por cada un dos supostos.

 

Un 25 % adicional segundo os casos


O Programa II, pola súa banda, está dirixido ás traballadoras e traballadores autónomos ou profesionais que realicen unha contratación con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. A axuda aplicarase ás primeiras tres contratacións indefinidas que se leven a cabo durante os tres anos iniciais de actividade do negocio ou explotación. 

 

Pola primeira ou o primeiro traballador o autónomo ou autonoma percibirá contías que irán dos 3.000 aos 5.000 euros, mentres polos dous seguintes a cifra poderá incrementarse ata 7.000 euros se as persoas beneficiarias do contrato son desempregadas de longa duración, con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. No caso de que estas ou estes empregados sexan mulleres, maiores de 45 anos, persoas emigrantes retornadas, persoas trans ou teñan o centro de traballo nun concello rural, a cifra poderá aumentar nun 25% adicional por cada un dos supostos. É dicir, pola contratación indefinida da primeira ou o primeiro traballador, a ou o autonómo ou profesional por conta propia poderá percibir un máximo de 11.250 euros; e pola da ou do segundo e terceiro, ata 15.750 euros. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas