GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destaca o apoio ás persoas inmigrantes a través do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas en Vilardevós

(05/02/2019)

A Xunta destaca o apoio ás persoas inmigrantes a través do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas en Vilardevós


  Concedeu preto de 24.000 euros para a organización de cursos de formación no idioma de acollida 

 

España Exterior.

RedacciónSantiago | 1 de febreiro de 2019




O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado (centro), visitou as instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas.


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o 1 de febreiro, durante unha visita ás instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas, o labor que realiza esta entidade no ámbito da integración de persoas inmigrantes a través de diferentes accións de formación subvencionadas pola Xunta de Galicia. De feito, a nova programación de actividades do centro inclúe cursos para o coñecemento do idioma e outros de formación dixital.

O director xeral garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego ao CDR de Vilardevós (Ourense) por medio, entre outras liñas de subvencións, da nova orde de axudas para o período 2018-2020 pola que se lle conceden preto de 24.000 euros. Cabe indicar que esta orde de axudas conta cun crédito total de 16 millóns de euros para o financiamento de programas de entidades sociais de toda Galicia, 6 millóns máis que na convocatoria anterior.

Nesta liña, Arturo Parrado fixo fincapé no notable incremento dos fondos que a Xunta destina a políticas activas de inclusión, ata alcanzar nos Orzamentos deste exercicio os 119 millóns de euros. Esta contía supón un 70% máis dos que se investían a esta mesma finalidade hai unha década.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas