GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O embaixador Jesús Silva garante aos españois en Venezuela apoio no medio da crise do país

(04/02/2019)

O embaixador Jesús Silva garante aos españois en Venezuela apoio no medio da crise do país


Redacción, Caracas | 02 Febreiro 2019 - Crónicas da Emigración


Jesús Silva Fernández.
Jesús Silva Fernández.


O embaixador de España en Venezuela, Jesús Silva Fernández, mantivo unha reunión con representantes de centros españois no país para garantirlles apoio e atención ante calquera necesidade que teñan no medio da crise que atravesa esta nación suramericana. “Dixémoslles que a Embaixada, o Consulado Xeral do Goberno español, que están preparados para calquera continxencia e, nese sentido, sobre todo, temos os instrumentos adecuados para protexer aos españois para calquera cuestión que teñan ou que necesiten", dixo o embaixador aos xornalistas.

Á reunión, que estivo encabezada por Silva Fernández; a cónsul xeral, María Celsa Nuño García; e o conselleiro de Traballo, Migracións e Seguridade Social, José Francisco Armas Pérez, acudiron representantes de 11 centros españois en Venezuela, entre eles: a Irmandade Galega de Venezuela, o Fogar Canario Venezolano, o Centro Vasco de Caracas, o Centro Catalán, o Centro Asturiano de Caracas e outros.

O embaixador resaltou que a mensaxe para os españois no país caribeño –unha poboación que se estima é dunhas 170.000 persoas– é de tranquilidade e de que “non hai ningún motivo nestes momentos de alarma”. De momento non hai ningún motivo para inquietarse nos seus respectivos centros, moitos deles son centros xa con miles de socios, uns teñen xa poucos españois (...) son na súa maioría sobre todo venezolanos ou hispano venezolanos”, comentou e sinalou que os representantes que acudiron ao encontro agradecen o contacto.

En Venezuela hai 70 centros españois e existe unha rede de 12 consulados honorarios que, dixo Jesús Silva, están en contacto cos seus connacionales residentes no país.

“Temos unha rede adecuada para chegar a todos os españois, poñernos en contacto cos españois e estamos en contacto con eles e non hai ningún motivo para preocuparse e, ademais, no caso de que haxa unha circunstancia especial ou extraordinaria, temos os medios para atendelos”, reiterou.

Preguntado sobre que acción ou decisión vai tomar o seu país con respecto á crise en Venezuela, o embaixador dixo que o Goberno español está preparado para anunciar calquera medida que vaia a adoptar nos próximos días e que se está coordinando coa Unión Europea (UE). Venezuela atravesa unha severa crise económica cunha inflación do 3 por cento diaria e unha crise política que se disparou o pasado 23 de xaneiro cando o xefe do Parlamento, Juan Gerardo Guaidó Márquez, adxudicouse os poderes do Executivo ao considerar que o presidente Nicolás Maduro Moros “usurpa” o poder.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas