GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda lanza en Venezuela a campaña informativa sobre a nova convocatoria das bolsas de estudos para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran retornar á comunidade

(24/01/2019)

Miranda lanza en Venezuela a campaña informativa sobre a nova convocatoria das bolsas de estudos para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran retornar á comunidade

 

O secretario xeral da Emigración explicou na sede da Hermandad Gallega de Caracas as novidades e os procesos para solicitar algunha das 250 prazas que se publicarán este ano. 

 

As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) incrementarán nun 50 % a súa oferta e o seu investimento en 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, na presentación en Caracas da convocatoria 2019 das BEME e as Bolsas Retorno FP

O secretario xeral da Emigración, na presentación en Caracas da convocatoria 2019 das BEME e as Bolsas Retorno FP

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lanzou en Venezuela a campaña informativa que pretende facer chegar a todas as mozas e os mozos galegos do exterior a posibilidade de optar a unha das 250 bolsas de estudos superiores que ten previsto convocar a Xunta de Galicia este ano. O responsable do departamento autonómico reuniu na sede da Hermandad Gallega de Caracas centos de mozas e mozos aos que explicou as novidades, os requisitos e os procedementos que deben seguir para ter acceso a estas axudas do Goberno galego incluídas na Estratexia Retorna 2020.

 

Entre as modificacións que experimentarán os dous principais programas de bolsas para cidadás e cidadáns galegos que queiran retornar á comunidade, as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e as de retorno para cursar un Ciclo Superior de Formación Profesional (FP) en Galicia, destaca o número de prazas e o incremento no investimento das primeiras. As axudas que concede a Xunta de Galicia para os mellores expedientes universitarios galegos que residen no estranxeiro poidan facer un mestrado nalgunha das tres universidades publicas galegas amplíanse este ano nun 50 %, tanto no número de bolsas como no orzamento destinado a elas, que pasa dos 860.000 euros de 2018 aos 1.110.625 presupostados para este 2019.

 

“Desde o Goberno galego somos conscientes dos sacrificios e complexas decisións que require a elección de dar un paso adiante tan importante como o de deixar atrás a vosa terra para emprender unha nova vida a milleiros de quilómetros de distancia. É unha aposta ilusionante que precisa de moito valor e moita constancia. Sabémolo, e por iso queremos que saibades que a Xunta, a través da Estratexia Retorna 2020, estará alí sempre convosco para orientarvos e darvos a ferramentas para que construades alí un futuro que debedes empezar a deseñar xa desde aquí”, asegurou Miranda.

 

Mocidade de 17 países diferentes

 

Este incremento de recursos das BEME busca dar resposta ao crecente interese amosado pola mocidade galega do exterior, cuxa segunda promoción vén de iniciar o segundo semestre dos seus estudos ao longo destas semanas. A convocatoria 2018/2019 das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior logrou atraer á Galicia territorial mozas e mozos procedentes dun total de 17 países distintos, entre os que se atopan, ademais das e dos 34 de Venezuela, 13 do Uruguai, 12 da Arxentina, 11 do Brasil, 8 do Reino unido, 6 de México, 4 de Chile, 3 de Bolivia, 2 de Alemaña e un tanto de Austria como de Bélxica, Canadá, Cuba, Francia, Paraguai e Perú. 

 

A idade media dos beneficiarios e beneficiarias desta segunda convocatoria é de 29 anos, e entre os mestrados elixidos atópanse, entre outros, Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data; Enxeñaría da Automoción; Eficiencia e Aproveitamento Enerxético; Investigación Biomédica; Mecatrónica, Asistencia e Investigación Sanitaria; Dirección e Xestión Contable e Financeira; Contabilidade Superior e Auditoría de Contas; Atención Sanitaria, Xestión e Coidados; Enxeñaría Ambiental, Técnicas Estatísticas; Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións; Xerontoloxía; Finanzas e Discapacidade e Dependencia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas