GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda renova o compromiso do Goberno galego coa Fundación España Salud con recursos e propostas que levan a avanzar en prestacións sociais para os españois e as españolas de Venezuela

(23/01/2019)

Miranda renova o compromiso do Goberno galego coa Fundación España Salud con recursos e propostas que levan a avanzar en prestacións sociais para os españois e as españolas de Venezuela

 

O secretario xeral da Emigración participou na reunión do Padroado da FES, que presta asistencia a preto de 1.500 familias galegas que residen no país suramericano.

 

O responsable do departamento autonómico participará nun encontro co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva, esta tarde.

 

  • Imaxe da reunión do Padroado da Fundación España Salud (FES) celebrada esta mañá en Caracas
    Imaxe da reunión do Padroado da Fundación España Salud (FES) celebrada esta mañá en Caracas

 

 

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou esta mañá o compromiso do Goberno galego coa Fundación España Salud (FES), de cuxo padroado é membro e coa que a Xunta colabora, ademais de con recursos económicos, con propostas que buscan avanzar en materia de asistencia ás cidadás e aos cidadáns españois, e nomeadamente as galegas e galegos, que residen en Venezuela. A aposta por ampliar os ámbitos de actuación nos que se centraba ata o de agora a institución, envorcada nos eido sanitario, traduciuse primeiro nun maior impulso en materia asistencial, máis tarde na creación do programa de alimentos, e que agora espera ter reflexo na eliminación das limitacións por cuestións de idade.

 

O obxectivo que se pretende alcanzar é permitir que as prestacións sociais da fundación cheguen ao maior número posible de españois e españolas con necesidades urxentes. Para logralo “é imprescindible”, en opinión de Miranda, “dar un paso máis e abrir as portas tamén ás persoas con menos recursos menores de 65 anos, e non só ás que superan esta idade.”

 

O responsable do departamento autonómico amosou na xuntanza, celebrada na sede da institución na capital venezolana e á que asistiron as e os representantes das Administración estatais e autonómicas das rexións con maior presenza no país suramericano que forman parte da FES, como a canaria, a asturiana ou a galega, a vontade do Executivo galego de manter este e outros eidos de colaboración coa Fundación España Salud.  

 

Encontro institucional na Embaixada de España

 

Trala reunión do Padroado da Fundación España Salud, Miranda participará nun encontro co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva, que se enmarca dentro da estreita relación de colaboración e apoio institucional que manteñen os representantes do Goberno de España e de Galicia no país suramericano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas