GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 1.992.849 ocupados en decembro

(22/01/2019)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 1.992.849 ocupados en decembro

 

FOTO ILUSTRATIVA



-O crecemento interanual é de 8,43%, o máximo en 11 anos

-Son 154.948 persoas máis que hai un ano

-A afiliación de estranxeiros sobe en 11.769 persoas no último mes



A afiliación de traballadores estranxeiros á Seguridade Social foi en decembro de 1.992.849 ocupados. A porcentaxe de crecemento interanual sitúase deste xeito no 8,43%. Hai que remontarse a marzo de 2008, antes da crise, para atopar un nivel similar. En concreto, rexistráronse 154.948 persoas ocupadas máis que en decembro de 2017.

No último mes a cifra deste colectivo creceu un 0,59%, o que supón 11.769 traballadores estranxeiros máis.

Do total de traballadores doutros países afiliados ao Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (338.337), Marrocos (255.708), Italia (111.354) e China (105.398). Séguenlles os traballadores nacionais de Ecuador (72.080), Reino Unido (65.334), Colombia (63.147), Bulgaria (58.814) e Portugal (52.404).

Comunidades autónomas

En termos mensuais, a ocupación de traballadores estranxeiros aumenta en Andalucía (5,99%), Castela-A Mancha (3,93%), A Rioxa (1,97%), Comunidad de Madrid (0,47%), Comunidade Valenciana (0,31%) e Región de Murcia (0,31%). Tamén sobe en Ceuta (1,61%) e Melilla (3,28%).

Doutra banda, a afiliación de estranxeiros mingua nas Illas Baleares (-4,98%), Estremadura (-4,85%), Cantabria (-1,16%), Galicia (-1,09%), Castela e León (-0,87%), Navarra (-0,85%), Asturias (-0,83), Aragón (-0,63%), Cataluña
(-0,33%), País Vasco (-0,27%) e Illas Canarias (-0,25%).

En decembro de 2018, entre os afiliados estranxeiros, 1.177.655 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (815.194) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.662.671 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 229.674 ocupados, e o de Fogar, con 174.592). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 326.376 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 3.735, e o do Carbón, con 68.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en decembro, 1.127.736 son homes e 865.113 son mulleres. Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas