GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración consolida o incremento do 20% que o pasado ano aplicouse ás axudas individuais no exterior

(22/01/2019)

Emigración consolida o incremento do 20% que o pasado ano aplicouse ás axudas individuais no exterior


Redacción, Santiago | 21 Xaneiro 2019 - Crónicas da Emigración



O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns día 21 a convocatoria das axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o ano 2019 que concede anualmente a Secretaría Xeral dá Emigración. A partida deste ano consolida o incremento do 20 % aplicado nos orzamentos do anterior exercicio, que permite que esta contía alcance os 2,6 millóns de euros. O obxectivo desta medida é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se atopan nunha situación económica precaria.

O prazo para realizar a solicitude abrirase este martes 22 de xaneiro e permanecerá en vigor ata o 4 de marzo. Trátase dunha axuda de pago único á que o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda destina cada ano unha parte importante do seu orzamento, e que por segundo exercicio consecutivo dedica un esforzo especial aos galegos de Venezuela debido á complicada situación que atravesa o país. A vulnerabilidade na que se atopa esta colectividade leva o Goberno galego a manter un apoio específico para suplir as súas necesidades máis básicas que se traduce nunha dotación de 900.000 euros só para axudas económicas individuais.

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida aos emigrantes de orixe galega, e a determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.

Sete tipos de axuda en función das necesidades

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

A convocatoria abarca sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras, por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas, por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas, por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas, para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas, son axudas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas