GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda anuncia en Lugo que o portal dixital da Oficina de Retorno entrará en funcionamento no mes de febreiro

(21/01/2019)

Miranda anuncia en Lugo que o portal dixital da Oficina de Retorno entrará en funcionamento no mes de febreiro

 

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con preto dunha trintena de membros da asociación de venezolanas e venezolanos da provincia, VeneLugo.

 

As galegas e os galegos retornados de Venezuela que residen na cidade da muralla salientaron a importancia de contar cunha ferramenta de información e asesoramento a todas e todos os galegos do exterior que regresen a Galicia.

 

Miranda e Carballo, durante a reunión con membros de VeneLugo

Miranda e Carballo, durante a reunión con membros de VeneLugo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Lugo, 18 de xaneiro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, adiantou que o portal dixital da futura Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado entrará en funcionamento o vindeiro mes de febreiro. O responsable do departamento autonómico salientou que esta ferramenta pretende dar resposta a unha das inquedanzas máis frecuentes e compartidas pola colectividade galega retornada.

 

O responsable da Emigración do Goberno galego renovou así o seu compromiso con todas e todos os galegos retornados e, nomeadamente, coas e cos membros da asociación de venezolanas e venezolanos de Lugo, VeneLugo, con quen mantivo un encontro acompañado do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Ramón Carballo Páez, na sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na capital lucense. Á xuntanza asistiron arredor dunha trintena de socias e socios da agrupación, que está a realizar un labor fundamental de información e orientación a todas as cidadás e os cidadáns os galegos que regresan desde o exterior á comunidade autónoma.

 

As e os integrantes do colectivo, liderados pola súa presidenta, Karin Mago, e pertencente á Federación de Venezolanos en Galicia (Fevega), expuxeron a Miranda algunhas das súas necesidades e dúbidas máis urxentes, entre as que destaca a creación dun órgano que canalice as cuestións relativas ao regreso dos galegos e as galegas que viven fóra das nosas fronteiras e á súa integración social e laboral na Galicia territorial.  

 

Primeiro país de retorno á capital

 

Venezuela é o país desde o que máis lucenses retornaron á capital da provincia en 2017, reflexo da tendencia que se está a experimentar en toda a comunidade autónoma. Só á cidade da Muralla regresaron en 2017, último ano do que hai cifras oficiais definitivas, un total de 122 persoas, das que 28 o fixeron desde este país suramericano, 12 desde Suíza e 11 desde República Dominicana. Só no primeiro semestre de 2018 retornaron 203 lucenses, o que supón un 17% máis ca nas mesmas datas de 2017,e case o 50% do total de todo o ano pasado. O primeiro semestre de 2018 é o cuarto en número de persoas retornadas da última década.

 

A capital lucense acubilla, segundo as cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 97.995 habitantes, das e dos que 454 foron nados en Venezuela, o que inclúe tanto aquelas e aqueles que teñen nacionalidade exclusivamente venezolana como aqueles que a comparten coa española ou teñen unicamente esta última. 

 

Pola outra banda, o Padrón de Españoles Residentes no Extranjero (PERE) reflicte que das e dos 72.610 lucenses, tanto as e os emigrantes como os seus fillos, fillas, netos, netas e posteriores descendentes, que viven fóra das nosas fronteiras, 3.862 tiñan fixada a súa residencia oficial en Venezuela a principios do pasado ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas