GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda salienta a importancia que o crecemento do retorno ten no incremento do saldo migratorio positivo co exterior na provincia de Lugo dos últimos anos

(17/01/2019)

Miranda salienta a importancia que o crecemento do retorno ten no incremento do saldo migratorio positivo co exterior na provincia de Lugo dos últimos anos

 
Só entre xuño de 2016 e xuño de 2018 regresaron 795 galegas e galegos á provincia, que gañou 1.066 persoas desde o exterior en 2017.

 

O secretario xeral da Emigración visitou o negocio que creou unha emprendedora que regresou do Reino Unido en 2015 grazas ás Axudas ao Retornado Emprendedor.

 

O responsable do departamento autonómico mantivo un encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que escolleron o campus de Lugo para cursar o seu mestrado.

 

Miranda e Balseiro, durante a súa visita á academia de inglés que puxo en marcha Gemma María López Núñez ao seu regreso do Reino Unido

Miranda e Balseiro, durante a súa visita á academia de inglés que puxo en marcha Gemma María López Núñez ao seu regreso do Reino Unido

 

 

Lugo, 16 de xaneiro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou esta mañá o xiro que está a dar Lugo como destino de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior. O responsable do departamento autonómico sinalou que desde 2009 ata hoxe, o número de emigrantes non deixou de diminuír nin un só ano, á vez que as e os seus descendentes no exterior non deixaron de medrar todos os exercicios. Esta tendencia ten o seu reflexo en cifras obxectivas, publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que sinalan que o número lucenses nacidos e nacidas na provincia que residen no estranxeiro reduciuse preto dun 11% na última década, pasando de 18.107 a 16.1134, mentres o número de descendentes de emigrantes lucenses practicamente duplicouse, desde as e os 48.540 de 2009 aos 72.610 de 2018.

 

O responsable da Emigración do Goberno galego visitou, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, Xosé Manuel Balseiro, e o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Ramón Carballo Páez, o negocio posto en marcha en 2015 por unha lucense que regresou do Reino Unido, onde viviu quince anos, grazas as Axudas ao Retornado Emprendedor. A academia de inglés que Gemma María López Núñez abriu xunto á súa socia hai catro anos conta hoxe cunha empregada e ducias de alumnas e alumnos que asisten ás clases en horario de mañá e tarde.

 

A galegas e galegos residentes no exterior que queiran volver a Galicia está dirixido este programa da Secretaría Xeral da Emigración, que este ano concedeu 43 axudas a retornadas e retornados galegos, o que supón un 16% máis ca na súa convocatoria anterior, en 2017. Esta iniciativa autonómica permite ás galegas e galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nados na Galicia territorial ou nos seus países de destino, sufragar gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 10.000 euros de subvención.

 

Os mellores expedientes universitarios, tamén en Lugo

 

Tamén os mellores expedientes universitarios de galegas e galegos no exterior contan cun programa de apoio propio. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) conceden cada ano a oportunidade de cursar un mestrado nalgunha das tres universidades públicas galegas grazas a aportacións que oscilan entre os 7.000 e os 11.475 euros en función do continente de procedencia do alumno ou alumna e da duración do mestrado elixido (de 60, 72 e 90 créditos). Este ano, o segundo de vida do programa, o campus de Lugo da USC conta cunha decena de estudantes procedentes do estranxeiro, cos e coas que os representantes do Goberno galego mantiveron unha xuntanza, á que tamén asistiron algúns dos alumnos da primeira convocatoria que seguen a residir na provincia. 

 

Trátase de dúas das 53 medidas incluídas na Estratexia Retorna 2020, aprobada o pasado 12 de abril polo Consello da Xunta, ten como obxectivo lograr o retorno á comunidade autónoma de 20.000 cidadás e cidadáns galegos ata o ano 2020, das e dos que o 60 % se prevé que sexan menores de 45 anos. O documento, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia, conta cun investimento de máis de 235 millóns de euros.

 

Menos emigrantes, máis retorno

 

Ao igual ca eles e elas, un total de 795 lucenses retornaron á provincia entre xuño de 2016 e xuño de 2018, dos que 381 son menores de 45 anos. De feito, só no primeiro semestre de 2018 retornaron 203 lucenses, o que supón un 17% máis ca nas mesmas datas de 2017. O regreso destas e destes lucenses é, de feito, unha das causas de que a provincia gañara nos primeiros meses de 2018 un total 422 persoas desde o exterior, das que 328 teñen menos de 45 anos. Esta cifra súmase á de 2017, exercicio no que chegaron a Lugo 1.066 persoas máis das que saíron, das que 804 eran menores de 45 anos.

 

No caso concreto de Lugo, só o 24,49% das e dos 72.610 galegas e galegos inscritos no Padrón de Españoles Residentes en el Exterior (PERE) naceron na provincia, mentres que máis do 75% foron xa nacidas e nacidos nos países de destino. Trátase de descendentes (fillas e fillos, netas e netos e bisnetas e bisnetos) de emigrantes, non de lucenses que emigraron. Deste total, 40.582 teñen entre 16 e 64 anos de idade. Sen embargo, só 3.933 (o 9,69%) desta franxa de idade foi nado en Galicia. As e os 36.649 restantes foron nacidas e nacidos xa nos seus países de destino.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas