GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Malpica lembrou a Villar Amigo, un dos grandes personaxes da emigración galega

(07/01/2019)

Malpica lembrou a Villar Amigo, un dos grandes personaxes da emigración galega 

 

    Varela e Rei Lema preparan unha antoloxía da súa obra 

 

 

 


CARBALLO / LA VOZ 02/01/2019


Pouco público para moita historia no acto conmemorativo do centenario do falecemento de Anselmo Villar Amigo, un dos grandes personaxes da emigración galega. Malpicán, faleceu en Buenos Aires en maio de 1918, e deixaba atrás unha importante obra que ocupou moitas áreas: política, empresarial, benefactora, cultural e patriótica, como se encargou de lembrar Xosé María Rei Lema, un dos relatores. Xunto a el, Xosé Manuel Varela, quen subliñou que as súas grandes obras supuxeron «unha transformación integral da vila, porque atinxían a aspectos básicos como o desenvolvemento portuario (a construción do murallón), o abastecemento de auga (a fonte), a comercialización de produtos locais (o mercado), e a formación das novas xeracións (a escola)». Mercado e escola son o actual consistorio. Esa fonte modernista, á beira do Concello, na entrada da localidade, na praza que leva o seu nome, consérvase case igual que cando se construíu. Villar, pois, foi moito máis alá do traballo doutros ilustres benefactores da emigración galega (tamén da Costa da Morte), que adoitaban centrarse nun só aspecto, escolar ou de obras, xeralmente.

Rei Lema detallou os seus períodos políticos como deputado por Corcubión e Muros, en eleccións marcadas pola polémica ao impoñerse ás redes caciquiis locais. Foi ademais o primeiro deputado cunero, na emigración e ostentando un cargo no Estado. En Buenos Aires foi íntimo amigo do presidente arxentino, Bartolomé Mitro, e foi o primeiro non arxentino con cargo no concello da capital.

Para Varela, é preocupante que na actualidade poucos veciños de Malpica coñezan a figura e a importancia que tivo para o municipio. «Quizais -indicou- o máis importante persoeiro malpicán de todos os tempos».

Sobre a súa vida e obra poderá saberse máis cando termine a edición do libro coa antoloxía básica dos artigos de prensa que recollen as actuacións do filántropo Villar Amigo. Será presentado dentro de poucas semanas, e levará un marcapáxinas cun percorrido histórico polos espazos da localidade relacionados con Villar.

O alcalde, Eduardo Parga, destacouno como un «malpicán exemplar».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas