GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 1.981.080 ocupados en novembro

(21/12/2018)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 1.981.080 ocupados en novembro



Foto ilustrativa

 

Gobierno de España. Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social 

20/12/2018


-O crecemento interanual é de 7,87%, ao mesmo nivel que antes da crise


-Son 144.582 persoas máis que hai un ano


-A afiliación procedente doutros países baixa en 29.554 persoas no último mes


A afiliación de traballadores estranxeiros á Seguridade Social foi en novembro de 1.981.080 ocupados. A taxa interanual sitúase deste xeito no 7,87%, nivel similar ao que crecía a afiliación de estranxeiros en xullo de 2007, antes da crise. En concreto, rexistráronse 144.582 persoas ocupadas máis que en novembro de 2017.

No último mes a ocupación deste colectivo decreceu un 1,47%, o que supón 29.554 traballadores menos.

Do total de traballadores doutros países que cotizan no noso Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (336.530), Marrocos (249.120), Italia (111.493) e China (104.806). Séguenlles os traballadores procedentes de Ecuador (72.325), Reino Unido (66.094), Colombia (63.026), Bulgaria (58.533) e Portugal (52.337).

Comunidades autónomas

En termos mensuais, a ocupación de traballadores estranxeiros aumenta na C. Valenciana (2,96%), Rexión de Murcia (2,9%), Andalucía (1,6%), Madrid (1,09%) e as Illas Canarias (0,92%). Tamén crece en Ceuta (0,31%) e Melilla (0,74%).

A comunidade autónoma onde máis mingua a afiliación de estranxeiros é Illas Baleares (-24,64%), seguida da Rioxa (-13,71%) e Castela e León (-10,65%). Tamén descende en Estremadura (-7,93%), Castela-A Mancha (-6,67%), Aragón (-2,88%), País Vasco (-1,97%), Navarra (-1,27%), Galicia (-1,01%), Cantabria (-0,96%), Asturias (-0,86%) e Cataluña (-0,8%).

No balance de novembro, 1.165.564 traballadores proceden de países de fóra da UE e o resto (815.517) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría da afiliación de estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.650.745 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 212.817 ocupados, e o de Fogar, con 175.209). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 325.856 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 4.410, e o do Carbón, con 69.

Da cifra total de ocupados estranxeiros en outubro, 1.115.611 son homes e 865.469 son mulleres. Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas