GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Polo menos 25.000 españois saíron de Venezuela en 2018 durante o éxodo de persoas pola crise

(05/12/2018)

Polo menos 25.000 españois saíron de Venezuela en 2018 durante o éxodo de persoas pola crise



España Exterior

RedacciónCaracas  | 4 de decembro de 2018

 

A crise política e económica en Venezuela provocou xa que polo menos 25.000 cidadáns españois abandonasen o país no último ano, segundo anunciou este xoves o embaixador de España en Caracas, Jesús Silva Fernández. Os datos globais do éxodo son aínda máis alarmantes xa que a ONU estima que polo menos 2,3 millóns de persoas tiveron que fuxir do país.

Nunha entrevista divulgada o pasado 29 de novembro pola canle privada Globovisión, o embaixador español dou datos sobre como está a afectar a crise á gran comunidade que vive no país suramericano. “Actualmente temos case 200.000 españois que aínda residen en Venezuela, aínda que só no último ano fóronse 25.000 polo cal é unha cifra que está a diminuír”, afirmou.

Unha parte dos migrantes venezolanos está a elixir España como destino. O embaixador español  incidiu en que a presenza de venezolanos en España “está a crecer” dun tempo para acó e que se calcula que hai 300.000 venezolanos. “Integráronse perfectamente, moitos deles con dobre cidadanía ou con ascendencia española, pero integráronse moi ben”, dixo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas