GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración pon a disposición do Goberno central a súa experiencia coa Estratexia Retorna 2020 para o deseño dun plan estatal de retorno

(05/12/2018)

A Secretaría Xeral da Emigración pon a disposición do Goberno central a súa experiencia coa Estratexia Retorna 2020 para o deseño dun plan estatal de retorno

 
O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á reunión de traballo convocada pola Secretaría General de Emigración e Inmigración en Madrid para estudar a formulación dunha estratexia nacional.

 

O secretario xeral avogou por eliminar as barreiras que dificultan o regreso dos españois e españolas ao seu país de orixe, como o acceso á nacionalidade e o voto rogado.

 

O Goberno galego considera fundamental para o éxito dunha aposta polo retorno dotar a aquelas e aqueles que deciden dar o paso de ferramentas para unha completa integración, como a homologación de títulos e a inserción das e dos cónxuxes doutras nacionalidades.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Madrid, 4 de decembro de 2018.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo esta mañá a disposición do Executivo central a experiencia do Goberno galego coa Estratexia Retorna 2020 nunha reunión convocada en Madrid para deseñar, xunto ás e aos presidentes das dezasete comunidades autónomas, un plan para fomentar o regreso de mozas e mozos ao país. O titular do departamento autonómico expuxo algunhas das conclusións obtidas da aplicación do primeiro plan efectivo de repatriación de Galicia, aprobado o pasado 12 de abril polo Consello da Xunta, e integrado por 53 medidas transversais, algunhas dirixidas exclusivamente a retornadas e retornados e outras con incentivos específicos, e cun investimento de máis de 235 millóns de euros.

 

Os primeiros meses de vixencia da Estratexia Retorna 2020 amosan a necesidade que ten, non só Galicia senón toda España, de tomar medidas que fomenten o regreso de emigrantes e as e os seus descendentes como un dos eixos chave para superar o reto demográfico ao que se enfronta o territorio nacional. O Goberno galego é consciente deste reto, que xa está a combater activamente con políticas de retorno, e da cooperación que require entre todas as Administracións implicadas.

 

O responsable galego de Emigración lembrou, neste senso, a importancia de dotar ás comunidades autónomas dun financiamento que lles permita colaborar, na medida do posible, coas competencias de emigración e inmigración que corresponden ao Estado. A coordinación entre as distintas Administracións será, ademais, por esta razón, fundamental para o éxito do futuro plan estatal de retorno, que debe ter en conta as peculiaridades de cada rexión de España. 

 

Eliminar barreiras para o regreso de cidadás e cidadáns españois


A aplicación da Estratexia Retorna 2020 durante o exercicio de 2018 permite a Galicia, como unha das comunidades cunha maior tradición emigrante, debuxar un mapa das principais necesidades do sistema actual. Eliminar as barreiras que xeran desafección entre as e os galegos e españois residentes no exterior coa súa terra de orixe, como as de acceso á nacionalidade e o voto rogado; axilizar solucións imprescindibles para unha áxil integración dos retornados e retornadas na sociedade española, como a homologación de títulos académicos; e fomentar o regreso de familias mixtas facilitando a inserción das e dos membros da familia de nacionalidades diferentes á española son algunhas das prioridades que, a xuízo de Rodríguez Miranda, deberían abordarse con especial atención. 

 

Unha tendencia 


A tendencia demográfica actual pon de relevo a necesidade de deseñar e poñer en funcionamento unha estratexia nacional de retorno. O incremento do retorno a Galicia, que o ano pasado duplicou o seu saldo migratorio, que medrou de 3.025 persoas en 2016 a 6.683 en 2017. Galicia ten, de feito, o maior saldo migratorio de cidadás e cidadánns españois co exterior de toda España, é dicir, foi a comunidade autónoma que gañou máis poboación con nacionalidade española procedente do estranxeiro o ano pasado, con 1.942 persoas só en 2017. Só tres comunidades autónomas lograron saldo positivo o ano pasado, e Galicia lidéraas. E é, ademais, a terceira con maior saldo migratorio co exterior de mozas e mozos españois de entre 20 e 24 anos, só por detrás de Madrid e Canarias.

 

Tamén o regreso de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior está a beneficiarse dun incremento de poboación fundamental para superar o reto demográfico que está a afrontar a comunidade. Só en 2017 volveron a Galicia, 6.202, o que supón un incremento dun 21 % respecto aos datos de 2016 e de case o dobre que en 2009. No último exercicio retornaron á comunidade 1.077 galegos e galegos máis ca en 2016, principalmente de América e Europa.

 

Do total de persoas retornadas o ano pasado, o 78 %, é dicir, 4.865, teñen menos de 65 anos, e só o 21,56 %, 1.337, son maiores. Máis da metade dos galegos e galegas que regresaron á comunidade, 3.225, son menores de 45 anos, e a franxa de idade máis numerosa é a de menores de 16 anos, con 998 rapazas e rapaces de volta en Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas