GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carballo. Unha «Semana sen Fronteiras» no Casino para mostrar a realidade dos refuxiados

(03/12/2018)

 

 

 

Unha «Semana sen Fronteiras» no Casino para mostrar a realidade dos refuxiados

Serán cinco xornadas con conferencias, proxeccións e mesas abertas

 


03/12/2018

 

Casino e Concello de Carballo colaboran na organización da Semana sen Fronteiras, unha iniciativa que trata de chamar a atención e dar a coñecer a realidade das persoas refuxiadas. Do 10 ao 14 de decembro (a semana que vén) desenvolveranse unhas xornadas que inclúen conferencias, proxeccións e mesas abertas. Serán pola mañá nos centros de secundaria, pola tarde, na sede do Casino. Ademais, levará a cabo un concurso de micro relatos, un mercadillo solidario para recadar fondos para as ONG participantes e un concerto de clausura de todo o programa.

 

Na primeira xornada, dedicada ás persoas e os dereitos humanos, reflexionarase sobre a Amnistía Internacional e darase a coñecer un programa radiofónico sobre inmigrantes chamado «Simplemente xente». Tamén se proxectará «Katsikas, ecos dun éxodo» e haberá un coloquio posterior co seu director, Rodrigo Vázquez.

 

As outras xornadas dedicaranse á zona do Sahara, Siria, Balcáns e Líbano; á situación dos refuxiados en España e á creación artística comprometida coa causa.

 

O programa completo pode consultarse na páxina web do Concello de Carballo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas