GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo anuncia que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozas e mozos do exterior cursen en Galicia un mestrado ou estudos de FP

(30/11/2018)

Feijóo anuncia que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozas e mozos do exterior cursen en Galicia un mestrado ou estudos de FP

 

O presidente da Xunta participou no encontro cos beneficiarios e beneficiarias dos programas Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior e Retorno para Formación Profesional.

 

Incide en que estes programas supoñen unha oportunidade para que as e os beneficiarios valoren a posibilidade de fixar na Comunidade a súa residencia.

 

Subliña que as convocatorias anteriores de ambos os programas beneficiaron xa a 130 mozas e mozos, procedentes de 19 países de Europa e América, sendo Venezuela e o Reino Unido os países que máis estudantes achegan.

 

O presidente da Xunta anunciou que haberá 250 prazas dispoñibles o próximo curso

O presidente da Xunta anunciou que haberá 250 prazas dispoñibles o próximo curso

 

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018.

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozas e mozos do exterior cursen en Galicia un mestrado ou estudos de formación profesional de Grao Superior. Deste xeito, entre as bolsas de excelencia para mocidade exterior e bolsas retorno formación profesional haberá 250 prazas dispoñibles o próximo curso.

 

Durante o encontro cos beneficiarios e benficiarias destes programas, Feijóo incidiu no obxectivo de converter estas bolsas nunha oportunidade, facendo fincapé en que estes programas supoñen unha oportunidade para que as e os beneficiarios valoren a posibilidade de fixar na Comunidade a súa residencia.

 

“Propóñovos ser un novo nexo entre a Galicia territorial e a Galicia da diáspora”, aseverou, lembrando que as convocatorias anteriores de ambos os programas beneficiaron xa a 130 mozas e mozos, procedentes de 19 países de Europa e América, sendo Venezuela e o Reino Unido os países que máis estudantes achegan.

 

Así mesmo, subliñou que o 20% dos alumnos e alumnas das bolsas de excelencia para cursar mestrado son da Galicia territorial, é dicir, naceron ou viviron na Comunidade e conseguiron a residencia, e teñen unha idade media de 29 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas