GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta informa do recente desbloqueo das pensións non contributivas para as e os pensionistas retornados de Venezuela

(28/11/2018)

A Xunta informa do recente desbloqueo das pensións non contributivas para as e os pensionistas retornados de Venezuela

 

A conselleira de Política Social e o secretario xeral da Emigración reúnense co presidente da Apejuveg, Andrés Varenkow.

 

Galicia levaba meses reclamando a actualización dos tipos de cambio do bolívar, que veñen de aplicarse e abren a porta a dúas prestacións aboadas pola Administración autonómica: o complemento ás pensións non contributivas e a Risga.

 

A conselleira de Política Social e o secretario xeral da Emigración reúnense co presidente da Apejuveg, Andrés Varenkow

A conselleira de Política Social e o secretario xeral da Emigración reúnense co presidente da Apejuveg, Andrés Varenkow

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018.

 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informaron ao presidente da Asociación de pensionados y jubilados de Venezuela en Galicia (Apejuveg), Andrés Varenkow, do recente desbloqueo da situación que están a vivir as e os pensionistas retornados deste país suramericano. Ata o momento, tiñan recoñecido o dereito a unha pensión que Venezuela non lles aboaba de xeito efectivo, pero impedíaselles o acceso ás prestacións sociais ás que teñen dereito pola súa situación económica real.

 

En concreto, o Banco de España acaba de actualizar as súas táboas de conversión, que se adaptan ao novo tipo de cambio do bolívar tras a última depreciación aplicada polo Goberno venezolano. Isto diminúe drasticamente o importe ao que teoricamente teñen dereito estas e estes pensionistas e ábrelles a porta a percibir unha pensión non contributiva e unha prestación social aboada pola Xunta: ora o complemento extraordinario ás pensións non contributivas (para as persoas de 65 anos ou máis) ora a Risga (para as persoas de menos de 65 anos).

 

Fabiola García e Antonio Rodríguez Miranda amosaron a súa satisfacción por que a Administración Xeral do Estado aplicase esta actualización, unha reclamación na que Galicia leva meses insistindo.

 

Axudas ao retorno asistencial


As galegas e os galegos retornados recentemente de Venezuela tamén teñen á súa disposición as axudas extraordinarias ao retorno. Só en 2017, 255 galegas e galegos procedentes deste país suramericano se beneficiaron deste programa, que se traduciu en preto de medio millón de euros. Respecto á convocatoria de 2018, que está en proceso de resolución, o 83% das 623 solicitudes corresponden a persoas que retornaron desde Venezuela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas