GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Os nenos daban moita peniña»

(27/11/2018)

 «Os nenos daban moita peniña»

 

Dúas enfermeiras narran a súa experiencia no campo de refuxiados en Bangladesh onde miles de persoas sobreviven tras ser expulsadas do seu país pola súa relixión 

 



marta otero
redacción / a voz 27/11/2018



Os rohinyás son unha minoría perseguida, sen amigos e sen terra. Acosados e masacrados en Birmania, onde viviron durante xeracións, protagonizaron un éxodo masivo no 2017 para fuxir da persecución pola súa relixión, musulmá, nun país de maioría budista. Chegaron a Bangladesh a milleiros, e instaláronse en campos de refuxiados onde aínda hoxe, viven esquecidos polo resto do mundo.

Cruz García e Iria Souto, dúas enfermeiras galegas pertencentes a Médicos Sen Fronteiras (MSF), tiveron a oportunidade de atendelos neses campos, en diferentes momentos. Unha experiencia que non esquecen. Cruz chegou en Nadal do 2017, uns meses despois de que comezasen os primeiros desprazamentos. «Chegaban miles de persoas ao día. Á parte das feridas físicas, viñan en condicións de malnutrición bastante pobres, o trauma e as necesidades de saúde mental son moi evidentes, polo que sufriron recentemente e a situación da que veñen».

 

En Kutupalong, o campo de refuxiados máis grande do mundo, así como noutros moitos máis pequenos, MSF encargáronse de instalar servizos de saúde, auga e saneamento, porque moitas enfermidades están relacionadas coa falta de hixiene. Uns meses máis tarde, Iria Souto puido comprobar esta realidade cos seus propios ollos. « Cando cheguei vivían nunhas condicións moi penosas, con falta de todo -explica-. Eran familias moi grandes vivindo en sitios moi pequeniños, casiñas feitas con paus de bambú ou cos materiais que tiñan». A falta de auga potable ou letrinas favorecían todo tipo de enfermidades. «Había moitas infeccións respiratorias. A chuvia e as condicións en que se amoreaban favorecían todo isto. Tamén enfermidades dá pel, que son as que indican a calidade de hixiene que pode haber. Tiñamos moito medo a un brote de cólera e estivemos preparando centros de atención especializados».

Iria lembra con tristeza a situación dos nenos. «Coas chuvias do monzón case non se podía saír á rúa, pero os nenos daban moita peniña, andaban descalzos e tiñan que ir camiñando polos campos para conseguir comida. Tamén eran moi vulnerables os anciáns».

Para Iria, o máis difícil foi volver. «Ir vas con moitas ganas, e a xente motívate moito, ver aos pacientes é como o teu motor. Sacas a forza de onde faga falta para estar aí. Pero volver é duro, ver que a vida segue coma se tal e que moita xente non sabe nin de que estás falando cando dis Bangladesh. Psicoloxicamente vaise levando, pero deixa marca».

Para que a xente se poña realmente na pel dos rohinyás, hoxe inaugúrase na Coruña a exposición O éxodo rohingya, con fotografías e testemuños que mostran a persoas que sufriron as consecuencias do exilio forzoso: falta de atención sanitaria, de refuxio e de dereitos básicos. Ademais, os participantes poderán achegarse realmente á experiencia mediante un novo sistema de vídeos en 360°.

«Oxalá lles chegue a mensaxe -asegura Cruz García-, a idea da exposición é que os visitantes vexan os testemuños das propias persoas, que eles conten a súa historia. Está ben que se coñezan as cifras, pero queremos que coñezan que detrás das cifras hai persoas. Historias hai moitas, e nós vímonos sempre coa maleta chea de historias positivas e negativas ou tristes. As historias nas que están involucrados nenos, ou as relacionadas con violencia sexual aféctanche e quedan na túa mente».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas