GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social crece ata 2.010.634 ocupados en outubro

(21/11/2018)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social crece ata 2.010.634 ocupados en outubro



Trabajadores extranjeros

Gobierno de España. Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social 

20/11/2018


É o mellor dato desde 2008, xunto a xuño e xullo deste ano.

 

O crecemento interanual ascende ao 8,62%, a maior taxa de crecemento dos últimos 10 anos.

 

A  afiliación procedente doutros países sobe 17.424 persoas no último mes e 159.620 no último ano.



A afiliación de traballadores estranxeiros á Seguridade Social foi en outubro de 2.010.634 ocupados. Despois de dez anos por baixo dos 2 millóns de afiliados estranxeiros, esta cifra é o mellor dato, xunto a xuño (2.026.559) e xullo (2.020.430) deste ano. A taxa interanual sitúase deste xeito no 8,62%, a maior taxa de crecemento desde febreiro de 2008. En concreto, rexistráronse 159.620 persoas ocupadas máis que no mesmo mes de 2017.

Neste mes a ocupación deste colectivo creceu un 0,87%, o que supón 17.424 traballadores máis.

Do total de traballadores doutros países que cotizan no noso Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (342.373), Marrocos (246.577), Italia (114.795) e China (104.261). Séguenlles os traballadores procedentes de Ecuador (73.356), Reino Unido (68.303), Colombia (64.106), Bulgaria (60.731), Portugal (53.782) e Bolivia (50.493).

Comunidades Autónomas

En termos mensuais, a ocupación de traballadores estranxeiros aumenta en 11 de 17 Comunidades Autónomas: Andalucía (6,79%), Canarias (1,28%), Castela e León (7,05%), C. Valenciana (4,42%), Estremadura (8,68%), Galicia (0,21%), C. de Madrid (1,42%), Región de Murcia (5,1%), Navarra (1,13%), País Vasco (3,42%) e A Rioxa (13,46%). Tamén aumentan os afiliados en Ceuta (1,62%) e Melilla (0,48%).

Pola contra, a afiliación de estranxeiros decrece en Illas Baleares (-11,74%), Aragón (-4,59%), Cantabria (-2,17%), Castela-A Mancha (-1,9%), Cataluña (-1,8%) e Asturias (-0,19%).

No balance de outubro, 1.174.998 traballadores proceden de países de fóra da UE e o resto (835.636) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría da afiliación de estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.679.275 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 217.247 ocupados, e o de Fogar, con 175.068). Séguenlle o réxime de traballadores por conta allea, con 326.529 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 4.754 e o Carbón, con 76.

Da cifra total de ocupados estranxeiros en outubro, 1.127.351 son homes e 883.283 son mulleres. Os datos de afiliados por Comunidades Autónomas distribúense así:

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas