GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Concello, Xunta e Deputación salientan o traballo do Centro do Carballiño en Bos Aires

(20/11/2018)

Concello, Xunta e Deputación salientan o traballo do Centro do Carballiño en Bos Aires

O portavoz do BNG, Chema Ferreiro, mantivo unha xuntanza cos traballadores do Centro Galego

 

Celebración del centenario del Centro Partido do Carballiño de Buenos Aires



La Voz

19/11/2018


Logo de varios días de actividades e de recibir o premio Ourensanía o pasado día 11, o Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, celebrou a xornada central dos actos de conmemoración do seu centenario. Durante todo o domingo, nas instalacións da entidade en Vicente López, déronse cita máis de cincocentas persoas para celebrar unha efeméride que, como sinalou o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, converte ao do Carballiño nun dos membros «do reducido grupo de centros galegos que contan con máis dun século de vida e esforzo a prol da colectividade galega en Arxentina». Os actos da festa dos carballiñeses en Bos Aires contaron coa presenza do embaixador de España, Javier Sandomingo; o intendente municipal da localidade de Vicente López, Jorge Macri; o cónsul xeral, Javier Gil; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro; e os alcaldes do Carballiño, Francisco Fumega; de Cea, José Luis Valladares; de San Amaro, Ernesto Pérez; e directivos de entidades da emigración en Bos Aires. O presidente do Centro Partido do Carballiño, Emilio Nogueira, agradeceu a partición e o apoio «nesta festa que conmemora unha traxectoria de cen anos de traballo mancomunado a prol da nosa emigración; cen anos de vida ininterrompida difundindo a cultura e as tradicións de Galicia na Arxentina». A representación da Deputación correu a cargo de Pablo Pérez, aínda que dende Ourense o presidente da institución, José Manuel Baltar, falou o domingo co presidente do Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, Emilio Nogueira, para agradecer o traballo desenvolvido neste século e por manter vivo o legado do Carballiño e da provincia en Arxentina. Pola súa banda Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, salientou «o espírito dos emigrantes que chegaron a Arxentina nas primeiras décadas do século pasado, integrándose nun país que os acolleu, onde souberon honrar as dúas culturas: a das súas orixes e a de adopción».

 

O portavoz do BNG na corporación do Carballiño, Chema Ferreiro Abelleira, aproveitou a súa estadía en Arxentina para manter unha xuntanza dos traballadores do Centro Galego de Bos Aires. O colectivo atravesa dende hai tempo unha delicada situación, derivada das graves dificultades económicas que ten esta entidade histórica dos emigrantes galegos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas