GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Colectivos de emigrantes doarán legados para o Museo Galego da Emigración

(19/11/2018)

Colectivos de emigrantes doarán legados para o Museo Galego da Emigración

19.11.2018 | Faro de Vigo

 

 

O futuro Museo da que Emigración que a Deputación quere construír en Ourense contará coa colaboración de asociacións de emigrantes no exterior que achegarán pezas ou documentos para enriquecer ese legado museistico. Así o acordaron a Deputación de Ourense e a Federación de Asociacións Galegas da RepúblicaArgentina durante o encontro do o presidente do goberno provincial de Ourense, Manuel Baltar, ao país austral, onde se reuniu co presidente da mencionada federación, Diego Martínez Duro, durante a visita que Baltar realizou á sede desta entidade, situada no barrio bonaerense de San Telmo.

 

No encontro, no que tamén participou a secretaria da federación, Lorena Lores, o presidente da Deputación tivo a oportunidade de coñecer o importante legado da emigración galega que custodia a Federación en Buenos Aires, no Museo da Emigración Galega ( MEGA) e a súa biblioteca, cos que a Deputación de Ourense vén colaborando na dixitalización do seu arquivo, "unha das máis relevantes fontes da cultura e a historia da nosa emigración", afirmou o presidente Baltar.

 

Ambas as entidades acordaron formalizar proximamente un convenio de colaboración para o futuro Museo Galego da Emigración que se situará no Pazo de Vilamarín, "unha iniciativa que ten como obxectivo pór en valor o espírito emprendedor dos nosos emigrantes", dixo Baltar.

 

A posta en marcha desta iniciativa -que será socia do MEGA- conta co apoio dos centros galegos no exterior, que achegarán os fondos necesarios para darlle contido ao museo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas