GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense tende unha ponte "sen límites" co seu pobo irmán

(16/11/2018)

Ourense tende unha ponte "sen límites" co seu pobo irmán



Baltar visitó Orense, pueblo bonaerense fundado por el empresario y filántropo Ramón Santamarina

Baltar visitou Ourense, pobo bonaerense fundado polo empresario e filántropo Ramón Santamarina



A REXIÓN INTERNACIONAL 15/11/2018

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, sinalou onte, no acto institucional entre a provincia de Ourense e a localidade balnearia arxentina de Ourense (Tres Arroios, Buenos Aires) que "a pesares da distancia que existe non hai quilómetros de abondo para separar a ponte máis forte que une ambos os territorios, o berce do sentimento de amor e pertenza á nosa terra".

O líder provincial incidiu en que " máis dun século de historia, cultura, termalismo, emprendemento e espírito emigrante únenos e referenda o pasado, presente e futuro común". Neste punto, puxo en valor unha figura "fundamental" como foi Ramón Santamarina (1827-1904), empresario e filántropo ourensán, fundador da vila de Ourense –en 1913 foi bautizada así no seu recordo –, "quen sempre honrou as súas raíces ourensás e cuxo legado como benefactor e representante do mellor da idiosincrasia ourensá, pobo traballador, creativo e emigrante".

No acto de irmandamento, no que participaron membros da familia Santamarina e representantes da delegación ourensá que estes días visitan Buenos Aires no marco das actividades conmemorativas do premio Ourensanía 2018, Baltar agradeceu á familia de Ramón Santamarina "a súa perseveranza por seguir mantendo acesa a chama emprendedora e de solidariedade que acendeu en todos os proxectos que levou a cabo, e sinaladamente na fundación da vila de Ourense, algo que todos agradecemos polo que supón de enaltecer os valores que caracterizan ó noso pobo ourensán, que non ten límites porque sempre constrúe pontes de tolerancia e fraternidade".

O presidente da Deputación remarcou a honra que supón "compartir este momento con tantos ourensáns, vivir a súa hospitalidade e celebrar con eles os 105 anos da fundación de Ourense".

Tras o intercambio de agasallos e dos discursos do alcalde da localidade, de Eduardo Santamarina e de Baltar, tivo lugar a visita á Sociedade Española de Ourense, a igrexa de San Marcos e ao Museo da Historia de Ourense, así como unha ofrenda floral ao liberador San Martín.

Un balneario, entre as atraccións da vila arxentina

A pesar do seu pequeno tamaño, cuns 2.000 habitantes, o seu balneario constitúe unha das principais atraccións turísticas da zona, dada a súa tradición neste campo desde hai un século. Precisamente, onte hai 89 anos sentaron as bases para a construción do equipamento e do centro turístico.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas