GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consuelo Rumí afirma que é un reto de todos facer de España un país para volver

(15/11/2018)

Consuelo Rumí afirma que é un reto de todos facer de España un país para volver

 

La secretaria de Estado de Migraciones durante la presentación de la estrategia del Plan de Retorno a España

A secretaria de Estado de Migracións durante a presentación da estratexia do Plan de Retorno a España



A REXIÓN INTERNACIONAL 15/11/2018



A secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, afirmou na presentación da estratexia do Plan de Retorno a España, na que está a traballar o Goberno, que é “un reto de todos que España sexa un país para volver”.

Consuelo Rumí asegurou que o Plan de Retorno, que xa anunciou a ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio, no mes de setembro, ten como principal obxectivo facilitar o regreso ao noso país daquelas persoas que tiveron que irse a consecuencia da crise económcia e desexan regresar a España.

Desde 2009 e a consecuencia da crise económica polo menos 1 millón de españois víronse obrigados a abandonar o noso país –na súa maioría a Alemaña e Gran Bretaña- ante a falta de oportunidades, segundo explicou a responsable de Migracións, que tamén informou “que maioritariamente se trata de mozos moi cualificados cuxa formación foi resultado do esforzo propio, o das súas familias e o de toda a sociedade que non pode seguir prescindindo dese talento”.

O ministerio de Traballo, de Migracións e Seguridade Social está a traballar na estratexia deste Plan de Retorno, na que están a participar practicamente todos os departamentos ministeriais con competencias na materia, o resto de administracións, os axentes sociais e asociacións dos propios emigrados.

A secretaria de Estado de Migracións anunciou que o Plan de Retorno, cuxa previsión é que se aprobe a principios do ano 2019, contará tamén coa colaboración das empresas españolas, “que se puxeron en contacto co ministerio “para comunicarnos que teñen dificultades para atopar traballadores de determinados perfís”.

Consuelo Rumí cualificou ao Plan de Retorno como “moi ambicioso” para os españois que saíron a traballar fora e agora queren volver”. “Imos contar cos propios emigrantes e retornados para que nos conten a súa experiencia e as razóns polas que queren volver, así como coñecer tamén as súas expectativas e os seus perfís profesionais”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas