GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Provincia emigrante: 34.000 ourensáns de nacemento viven no estranxeiro

(13/11/2018)

Provincia emigrante: 34.000 ourensáns de nacemento viven no estranxeiro

- Máis de 113.000 con raíces en Ourense e nacionalidade española residen noutro país - O número de habitantes caeu un terzo, máis de 132.000 persoas, desde o setenta

 

12.11.2018 | Faro de Vigo

 

Un maior, en Ourense. // Brais L.

 

 

 

Calquera recoñecemento á diáspora supón facer un xesto a unha ampla colectividade que segue latexando no estranxeiro tras décadas de emigración: pola pobreza no século XX, pola falta de expectativas laborais na nova onda do século XXI. Ourense perdeu preto dun terzo da súa poboación residente en menos de cincuenta anos, desde os 441.255 habitantes que había en 1971 aos 309.112 que continúan aquí actualmente, segundo a estatística provisional de principios de 2018.

 

Hai 154.312 galegos de nacemento que teñen a súa vida na emigración. Destes, 33.888 abandonaron Ourense un día para buscar prosperidade na diáspora. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), 12.541 ourensáns de berce residen noutros países de Europa, mentres que a gran maioría das persoas que se foron están fincados alén do Atlántico. Un total de 20.957 seguen a día de hoxe en América. En Arxentina, onde este domingo entregouse o Premio Ourensanía a dous centros galegos para recoñecer a ese importante sector da poboación emigrante,hai 7.911 ourensáns.

 

O envellecemento que caracteriza á poboación residente -aquí, case un terzo dos habitantes, máis de 96.000, superan os 65 anos- maniféstase mesmo máis na diáspora, onde permanece a pegada do éxodo do século XX. Segundo a estatística de 2018, dos 33.888 ourensáns de nacemento que viven no estranxeiro, un total de 22.851 -o 67 %- teñen 65 anos ou máis. A maioría dos maiores atópanse no continente americano.

 

Entre 16 e 64 anos hai noutra nación 10.832 ourensáns nados aquí. Neste caso son maioría -7.126 persoas- os que están fincados noutro país de Europa.

 

A poboación de orixe que continúa nun lugar foráneo decae ano a ano, nunha tendencia constante no último decenio. Uns regresan ás súas raíces para pasar a súa última etapa, outros falecen alí. En 2009 había 37.502 ourensáns de nacemento en distintas partes do mundo, un 10,7 % máis que agora.

 

O vínculo transcende a cuestión do nacemento. Nas segundas e terceiras xeracións tamén latexa a terra dos familiares. Segundo o Instituto Galego de Estatística, 516.489 persoas residentes no estranxeiro teñen nacionalidade española con Galicia como territorio de inscrición, 113.681 -o 22 %- de Ourense (88.332 en América).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas