GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A familia Castro aproba a reforma da súa casa familiar en Láncara

(07/11/2018)

A familia Castro aproba a reforma da súa casa familiar en Láncara

 

Mariela Castro, filla de Raúl, deu o visto e prace ao proxecto do Centro de Interpretación da Emigración de Galicia en América 

 


06/11/2018


A familia Castro acaba de dar o visto e prace ao proxecto de obra para a rehabilitación da súa casa familiar en Láncara, recentemente cedida á Asociación de Amizade e Solidariedade de Láncara con Cuba, constituída no pasado xaneiro para afianzar as relacións entre este municipio e a illa caribeña. O proxecto foi presentado por membros deste colectivo, o seu vicepresidente, Antonio Sobrado, e o seu secretario, Jaime López, a Mariela Castro, filla de Raúl Castro, nunha recente viaxe a Cuba.



Como paso previo ao proceso de rehabilitación xa se iniciaron labores de limpeza e roza da leira e a asociación xa solicitou todas as licenzas necesarias para o inicio das obras, que permitirán a posterior constitución do Centro de Interpretación da Emigración de Galicia en América na casa da familia Castro.

Financiamento

As obras para a rehabilitación contan co financiamento e apoio da Deputación de Lugo e permitirán a posta en marcha dun museo ou Centro de Interpretación da Emigración de Galicia en América en Láncara, no que se analizará o fenómeno migratorio en Galicia, con especial atención aos países caribeños como destino así como ao papel e relevancia histórica de Fidel e Raúl Castro Ruz, así como doutros membros da familia Castro na República de Cuba.

 

A Asociación espera que este centro constitúase nun recurso turístico de primeira orde para Láncara e a provincia de Lugo en xeral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas