GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un abrazo simbólico para salvar o Centro Galego

(02/11/2018)

Un abrazo simbólico para salvar o Centro Galego

Socios e traballadores da entidade sanitaria de Buenos Aires seguen mobilizándose para pedir a súa continuidade


bos aires / e. a voz 02/11/2018

Socios e traballadores do Centro Gallego de Buenos Aires, xunto a directivos das distintas agrupacións, realizaron o luns un acto no que abrazaron simbólicamente á entidade sanitaria, hoxe marcada por unha importante crise económica que leva á suspensión de servizos e á imposibilidade de atender aos seus socios.

 

Cunha intervención xudicial en marcha desde o 2012, actualmente a cargo de Martín Moyano Barro, aínda sen orde do Xulgado Civil e Comercial 54, non se convalidó o resultado da última elección realizada na entidade, onde foi elixido presidente Ramón Suárez Álvarez o pasado 10 de setembro.

 

A enfermeira Yolanda Guitián afirmou que «co abrazo ao Centro Galego queremos que se paguen os salarios debidos ao persoal desde hai un ano, e que non se extorsione máis aos empregados co retiro voluntario: o hospital é necesario para a comunidade de socios e traballadores».

 

«Non queremos o remate do Centro Galego: non pode facer un negocio inmobiliario por encima dunha necesidade social, hai moitos brazos que abrazan co corazón, e esa é o mellor medicamento para defendernos», consignou Guitián en diálogo con La Voz de Galicia.

 

Ao acto de apoio ao Centro Galego, realizado en Avenida Belgrano 2199 esquinas Pasco, sumáronse directivos das agrupacións da entidade xunto a veciños, socios e traballadores, que reclaman pola situación de crise que afronta a institución, que conta coa totalidade dos seus servizos médicos e sanitarios paralizados. Tras a elección a presidente do pasado 10 de setembro, Ramón Suárez Álvarez resultou elixido con 756 votos a favor sobre un total de 1.200 votantes, pero aínda non asumiu o seu cargo pola indefinición da Xustiza arxentina.

 

Coa necesidade de dispor dun capital de 40 millóns para volver pór en marcha a entidade sanitaria, Suárez Álvarez recoñeceu no último contacto que mantivo con traballadores da entidade que «a xunta directiva electa non foi proclamada, os socios non teñen servizos médicos e os traballadores non cobran, por iso a entidade non está en mans dos socios, senón que continúa a intervención da Xustiza Federal, e imos asumilo o día que o xuíz o dispoña».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas