GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Retornados de Alemaña reúnense en Ribadavia

(30/10/2018)

Retornados de Alemaña reúnense en Ribadavia

 

 

 

A Rexión 28/10/2018


O salón de plenos do Concello de Ribadavia acolleu onte un encontro entre o colectivo de emigrantes retornados de Alemaña que residen na actualidade no municipio. Este encontro enmárcase dentro dunha serie de reunións promovidas desde o Partido Socialista a cargo do secretario provincial de emigración, Luís Gulín Igrexas, para unir lazos entre as persoas que pertencen a este colectivo e para informarlles das novas normativas referentes ás súas pensións ou a solicitudes das que se poden beneficiar unha vez regresaron de Alemaña. Ademais, tamén serve de punto de encontro para aqueles que hai pouco tempo que retornaron.

A reunión tivo dous puntos centrais de debate. O primeiro deles centrado na nova taxa que aplica o país xermano a todos aqueles emigrantes nas súas pensións, que consiste no pago dun 5% a Facenda da cantidade que se perciba como retribución. Un centenar de emigrantes que comezaron no ano 2015 a cobrar a súa pensión en España xa recibiron a notificación desta nova taxa e a través destas reunións infórmaselles do procedemento. O segundo punto consistiu en explicar o procedemento para solicitar unha axuda por motivos de dependencia a Alemaña, un servizo do que algúns dos retornados xa gozan.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas