GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As comarcas aumentan 513 cotizantes nun ano e 44 deles son estranxeiros

(30/10/2018)

As comarcas aumentan 513 cotizantes nun ano e 44 deles son estranxeiros

A afiliación crece en todos os municipios fóra de Agolada -O 2,5% dos activos son doutras nacionalidades e Lalín (230) e Silleda (198) encabezan este ranking

 
30.10.2018 | Faro de Vigo

 

A construción gaña activos en Lalín, A Estrada, Cruces, Cerdedo-Cotobade e Forcarei. // Bernabé/J. Lalín

 

 

 

A práctica totalidade dos municipios de Deza e Tabeirós-Montes foi capaz de incrementar no último ano traballadores activos e soamente Agolada mostra uns indicadores peores que hai doce meses. Os datos de afiliación á Seguridade Social difundidos onte polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao lugar de residencia dos cotizantes e correspondente ao pasado mes de setembro evidencian unha recuperación no emprego nos últimos doce meses, con 513 afiliados máis que en setembro do ano pasado. Desta cantidade, 44 son traballadores estranxeiros.

 

Este rexistro constata o número de cotizantes, que non o censo de afiliacións, que adoita ser maior ao incluír posibles altas ou baixas nun mesmo traballador nun período de referencia. O nove municipios das comarcas totalizan 25.326 traballadores activos, dos que 643 son persoas doutras nacionalidades. As altas en afiliación entre os activos foráneos tamén se incrementan en todos os territorios da zona, a excepción, tamén, de Agolada, que mantén exactamente os mesmos que tiña un ano atrás. En primeiro lugar podemos analizar o censo absoluto de cotizantes por municipios, onde se corrobora a tendencia positiva no mercado laboral. A Estrada, o municipio con máis afiliados á Seguridade Social, é tamén o que máis crece en termos absolutos ao gañar 208 nun ano e aglutinar ata 7.557 veciños contribuíndo ao sistema público coas súas retribucións laborais. Por detrás da capital de Tabeirós está a dezana, que viu incrementado o seu número de cotizantes en doce meses en 169 persoas e chega ata os 7.404. En Silleda son 62 máis, para alcanzar os 3.453 activos, mentres que Vila de Cruces gaña 48 e suma agora 1.918. Rodeiro é capaz de manterse dentro dos concellos cunha tendencia positiva e as súas 965 cotizantes son catro a maiores en doce meses. Tamén sobe, en concreto en dez casos, Dozón, para aglutinar 415 afiliados. Agolada, como apuntaramos con anterioridade, cede activos; en concreto 21, e queda en 750. A situación nos dous municipios de Terra de Montes é distinta. Mentres Cerdedo-Cotobade incrementa nunha trintena os seus afiliados á Seguridade Social e chega ata os 1.815, en Forcarei son tres a maiores e un total de 1.049.

 

No que respecta aos traballadores estranxeiros, que supoñen o 2,5% do total, Lalín e Silleda son, por esta orde, as localidades nas que a man de obra foránea é máis representativa. Na cabeceira comarcal dezana traballan 230 veciños doutros países, que son 13 máis nun ano. Silleda gaña oito e ten 198 e tres Vila de Cruces, para alcanzar os 26. En Rodeiro hai 26 (un máis), en Agolada mantéñense os mesmos 11 e en Dozón hai un máis, sendo agora catro. A Estrada sobe ata os 113 tras gañar cinco, en Forcarei son nove máis do dez que había e en Cerdedo-Cotobade a cifra é de 26, nove a maiores.

 

O número de afiliacións por sectores nun ano nas comarcas sobe en 206 casos na industria, 67 na construción, 340 nos servizos e baixa en 23 no agro. Neste gremio a caída é común en todos os casos excepto en Cerdedo-Cotobade. Da diferenza positiva da industria, 77 afiliados a maiores foron en Lalín e 33 na Estrada. E na construción só mellora os datos estes dous concellos, xunto cos de Vila de Cruces, Cerdedo-Cotobade e Forcarei.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas