GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social crece ata 1.993.210 ocupados en setembro

(24/10/2018)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social crece ata 1.993.210 ocupados en setembro

 

Trabajadores extranjeros

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

23/10/2018



-A ocupación de traballadores procedentes doutros países sobe en máis de 6.000 afiliados no último mes.

 

-O crecemento interanual ascende ao 7,56%, 140.102 ocupados máis que no mesmo mes de 2017.

 

-Os colectivos máis numerosos de traballadores foráneos proceden de Romanía (335.471), Marrocos (233.907), Italia (116.845) e China (103.785)

 

A cifra media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social foi en setembro de 1.993.210. Neste mes a ocupación  creceu un 0,30%, o que supón 6.002 traballadores máis. Respecto ao ano pasado, o número de afiliados estranxeiros aumenta un 7,56%; 140.102 persoas ocupadas máis que no mesmo mes de 2017.

Do total de traballadores doutros países que cotizan ao noso Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (335.471), Marrocos (233.907), Italia (116.845) e China (103.785). Séguenlles os traballadores procedentes de Ecuador (74.187), Colombia (65.547), Reino Unido (65.722), Bulgaria (59.496), Portugal (52.621) e Bolivia (51.216).

Comunidades Autónomas

En termos mensuais, a afiliación de traballadores estranxeiros aumenta en Estremadura (9,44%), Castela-A Mancha (6,85%), A Rioxa (4,84%), Navarra (2,64%), Andalucía (2,25%), Comunidad de Madrid (1,47%), País Vasco (1,33%), Canarias (0,75%) e Castela e León (0,52%). En Ceuta e Melilla, a afiliacion de estranxeiros tamén sobe, 1,1% e 1,05% respectivamente.

Rexistrouse un número de traballadores inferior ao do mes pasado nas demais comunidades autónomas: Cantabria (-4,07%), Aragón (-3,13%), Illas Baleares (-3,22%), Asturias (-2,12%), Cataluña (-0,97%), Región de Murcia (-0,92%), C. Valenciana (-0,32%) e Galicia (-0,24%).

No balance de setembro, 1.168.326 traballadores proceden de países de fóra da UE e o resto (824.884) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos ocupados estranxeiros está encadrado no Réxime Xeral: 1.663.617 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 197.112 ocupados, e o de Fogar, con 174.962); séguelle o de Autónomos, con 324.637 persoas; o Réxime Especial do Mar, con 4.867 e o Carbón, con 88.

Da cifra total de ocupados estranxeiros en setembro, 1.112.972 son homes e 880.238 son mulleres. Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas