GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Regreso pensando en traballar por e para Galicia

(22/10/2018)

Regreso pensando en traballar por e para Galicia


 

A Rexión 21/10/2018


A porcentaxe en menores de 65 anos aumentou un 81,72%, pasando dos 465 do ano 2009 aos 845 de 2017. Os menores de 45 anos aumentaron un 148%, dos 204 do ano 2009 aos 506 do pasado exercicio. De entre 16 e 54 anos, é dicir, os retornados en idade laboral, incrementáronse nun 132,30%, pasando dos 245 do ano 2009 aos 508 de 2017. O grupo de idade cuxo retorno máis se incrementou no últimos oito anos foi o dos menores de 15 anos, que se disparou un 285%, dos 40 que regresaron no ano 2009 aos 154 que o fixeron en 2017.

Daniel España (hostaleiro): “A forma de traballar en España é diferente"

Daniel España é un galego venezolano que montou unha cafetería xeadería na segunda planta do centro comercial Pontevella, Café Bianca Arepera chámase, un dos locais de referencia da gastronomía venezolana en Ourense. Traballan como autónomos el, a súa muller e a súa nora, e teñen contratado outro venezolano, fillo de emigrantes galegos retornados. "Retornamos en xaneiro de 2016, e no mes de maio comezamos cos trámites para sacar adiante un negocio. A forma de traballar era novo, xa que nós tiñamos un negocio de perfumería e droguería, e é totalmente diferente a forma de traballar de América. A Xunta axudounos, de feito a Secretaría Xeral da Emigración ten unha liña de Axudas ao Retornado Emprendedor, cuxo prazo de solicitude aínda está aberto, ata o próximo 31 de outubro, e traballamos duro para saír adiante; pero estamos moi contentos, xa que non só buscabamos unha saída laboral, senón que tamén estabamos interesados en cubrir a parte médica pensando nos meus sogros. O noso negocio foi froito de traballar duro, ao pe da realidade, tendo o corazón compartido entre Venezuela e España", termina dicindo Daniel.

José Macía (empresario): “Os retornados temos ideas emprendedoras"

José Macía retornou a Galicia hai un ano, e desde a súa chegada empezou a buscar negocios nos que investir, participando en diferentes obradoiros e estudando un amplo abanico de opcións. Fai tres meses comezou a produción de queixos venezolanos en Xinzo, baixo o nome de " Queixos O Cardenalito", uns artigos cada vez máis demandados pola fusión de sabores e a calidade das súas materias primas. "Foi o meu pai o que me inculcou a tradición galega xa desde pequeno, e os venezolanos temos un sinal emprendedor. Deime conta de que Galicia ten excelentes produtos, pero faltaba comercialización. Así que comezamos a elaborar os nosos queixos aproveitando que non había este tipo de oferta pero se unha demanda, abrindo mercado e posicionándonos aos poucos cunha rede de distribución. Cada vez hai máis venezolanos emprendedores, e as axudas da Xunta son un empuxe importante para moitas iniciativas", di José Macía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas