GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O orzamento da Secretaría Xeral de Emigración para 2019 rexistra un incremento do 18,6 por cento

(22/10/2018)

O orzamento da Secretaría Xeral de Emigración para 2019 rexistra un incremento do 18,6 por cento


E. Carbajales, Vigo | 19 Outubro 2018 - Crónicas da Emigración



Valeriano Martínez entregó a Miguel Santalices el proyecto de presupuestos para 2019.

Valeriano Martínez entregou a Miguel Santalices o proxecto de orzamentos para 2019.

 

A Secretaría Xeral de Emigración contará para o próximo ano cun orzamento de 12,4 millóns de euros, o que supón un incremento do 18,6% respecto a este ano, segundo o proxecto de Orzamentos aprobado polo Consello da Xunta e entregado polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, este venres.

A partida máis elevada deste orzamento corresponde ás accións políticas migratorias, que conta cun total de 2,6 millóns de euros, do mesmo xeito que nos orzamentos deste ano, seguido do capítulo destinado a accións derivadas da Lei de Galeguidade, que contará cun total de 2,3 millóns de euros, o que supón un incremento do 17,6% respecto deste ano.

As axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas triplicaron o seu orzamento en referencia a este ano, pasando de 550.000 a 1.750.000 euros no orzamento para 2019.

Outra das axudas que experimenta un importante crecemento son as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que se incrementan nun 29%, pasando de 860.625 euros a 1.110.625 euros previstos para este ano.

As axudas para entidades no ámbito das migracións contarán co mesmo orzamento que este ano, 1,7 millóns de euros. Tamén se mantén a cifra de axudas para a conservación, obras, equipamentos e infraestruturas, que ascende a 613.000 euros.

Ao orzamento asignado nos orzamentos para 2019, haberá que sumar as cantidades que o resto de departamentos da Xunta destinan, nos seus respectivos ámbitos, aos galegos do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas