GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a crear unha oficina integral de asesoramento ao retornado

(15/10/2018)

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a crear unha oficina integral de asesoramento ao retornado


Redacción, Santiago | 12 Outubro 2018 - Crónicas da Emigración


O Parlamento de Galicia aprobou unha resolución na que insta á Xunta á creación dunha oficina integral de asesoramento ao retornado, e que solicite ao Goberno español que tome as medidas necesarias para axilizar os permisos de residencia e traballo dos cónxuxes e descendentes, sen nacionalidade española, dos galegos retornados.

O segundo debate de política xeral da X Lexislatura, celebrado esta semana no Parlamento galego, saldouse con oito acordos unánimes e un total de 54 resolucións aprobadas, é dicir, en torno ao 15 por cento das iniciativas contaron co respaldo de todos os grupos do hemiciclo. No debate de política xeral de 2017 só se pecharon dous textos por unanimidade de todos os grupos.

A 37ª resolución das 54 aprobadas, proposta polo Grupo Popular, di: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a avanzar no seu compromiso coa revitalización demográfica adoptando medidas como a elaboración dun proxecto de lei de impulso demográfico, a creación dunha oficina integral de asesoramento e seguimento ao retornado e solicitando ao Goberno de España que tome as medidas necesarias para reducir os trámites e axilizar a concesión dos permisos de residencia e traballo dos cónxuxes e descendentes, sen nacionalidade española, dos galegos retornados, favorecendo a súa integración familiar e persoal”.

Esta resolución foi aprobada por 54 votos a favor, 19 en contra e ningunha abstención.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas