GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Raquel Martínez: «Non teñen dificultades só por ser inmigrantes, senón por ser pobres»

(15/10/2018)

Raquel Martínez: «Non teñen dificultades só por ser inmigrantes, senón por ser pobres»

A profesora de Sociología da UDC advirte do risco de que un barrio se converta nun gueto «si a poboación autóctona foxe»

 

.

 


a coruña / a voz 14/10/2018

 

O barrio construíuse coas remesas dos galegos no exterior. Dio Raquel Martínez Buján, profesora de Sociología na UDC, membro do equipo Esomi, un dos proxectos máis importantes de España sobre migracións, e veciña do Agra, da rúa Francisco Añón. «Aínda que nacín xusto á beira, na Sacra Familia», puntualiza. 

 

Ambos os distritos «naceron ao unísono», comenta. Son o epicentro da emigración e da inmigración. Dous fenómenos ligados á súa xénese, o primeiro, e á súa evolución e presente o segundo. «Cando se di que A Coruña é unha cidade cosmopolita grazas aos traballadores de Inditex non é do todo correcto. Leva anos séndoo, este barrio é o maior exemplo», defende Martínez Buján. Só hai que escoitar e botar unha ollada á praza das Conchiñas, onde nos cita. «O asentamento dos estranxeiros é desigual na Coruña», expón.

 

O perfil «non é mesmo no Agra que no centro», indica a socióloga. «Tanto na Sacra Familia -onde se concentraron boa parte das vivendas sociais da cidade- como aquí, o chan é económico para a poboación con menos recursos. Non houbo unha planificación urbana que investise nestes puntos. Os edificios construíronse, na súa maioría, entre os anos 50 e 70. Eran un investimento para os galegos no exterior ou unha opción para os que viñan do rural. Son pisos pequenos, angostos e sen ascensores. A veciñanza envellece e os que poden permitirse pisos máis céntricos e cómodos vanse», explica.

 

O risco, apunta a docente da UDC, é que «si a poboación autóctona foxe, a inmigrante pode guetizarse. Vese nas aulas, hai colexios onde máis do 50 % dos alumnos son estranxeiros», revela. «A integración é precaria. Non só teñen dificultades por ser inmigrantes, senón por ser pobres», recoñece. «Ademais, nestes barrios concentráronse boa parte dos problemas de vulnerabilidade social, drogodependencia e desemprego nos 80 e 90», engade.

 

¿Son a solución ao envellecemento galego, como se defende en moitas ocasións? «É certo que hai unha inxección de poboación nova ao principio, pero dura pouco. As mulleres adáptanse á taxa de fecundidade da súa contorna. En termos demográficos, non chega a compensar o envellecemento», conclúe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas