GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

José María Vila Alén e Román Rodríguez visitan novamente a exposición "Castelao maxistral"

(11/10/2018)

José María Vila Alén e Román Rodríguez visitan novamente a exposición "Castelao maxistral"





A Rexión Internacional 10/10/2018


O presidente do Centro Galicia, José María Vila Alén, e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, visitaron de novo, xa que ambos xa asistiran á inauguración oficial, a mostra "Castelao maxistral" na Cidade da Cultura.



Castelao-Maxistral



O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que foi o encargado de inaugurar a mostra, animou a visitar Castelao Maxistral, unha mostra, dixo, que marcará un fito nas exposicións do Gaiás coa súa obra intemporal e universal, “algo que soamente sucede cos grandes xenios capaces de interpretar o fondo da alma humana”. “A súa obra nin pasa de moda, nin pertence soamente á nosa cultura. Velaquí unha demostración”, aseverou, durante o acto de inauguración.

Ao longo da visita á exposición, Feijóo aseverou que, ademais de gozar do que se denominou o Guernica galego e ter unha visión panorámica do ensino entre os comezos do século XX e o ano 1936, “os máis vellos sentirán os ecos daquela barbarie, e os máis novos preguntaranse asombrados se realmente foi aquí en Galicia onde sucedeu o que relata este cadro conmovedor”, dixo, en alusión a escenas semellantes e asasinatos atroces como o de Alexandre Bóveda que se produciron noutros lugares de Galicia e de España onde o odio, o rancor e o instinto criminal apoderáronse da realidade baixo diferentes bandeiras.

Así mesmo, destacou que dentro da última lección do mestre hai outra que é a capacidade dos pobos como o galego para desterrar esa maldición e emprender un camiño xuntos. E, incidiu na necesidade de transmitir ás e os mozos que acudan a esta mostra unha reflexión que se inspira nesta obra mestra de Castelao: “A liberdade, a convivencia, a tolerancia, son valores que non se protexen sós”, lembrou, facendo fincapé en que se non se coidan ou se se pensa que son algo superfluo, “poden esvanecerse e aparecer de novo as forzas escuras”.

O presidente da Xunta recalcou que este cadro podería representar escenas que se producen en territorios onde os dereitos humanos e a convivencia soamente forman parte dos soños. “Os verdugos de Alexandre Bóveda gardan parentesco cos de hoxe. As ideoloxías totalitarias que movían as súas mans están presentes no mundo actual baixo diferentes etiquetas”, afirmou, lembrando que A derradeira leición do mestre de Castelao, o Guernica de Picasso, os Fusilamentos do tres de maio de Goya, o Caín e Abel de Tintoretto, expoñen a cara máis escura da humanidade.

Para loitar contra esta ameaza, Feijóo subliñou que parte da resposta atópase tamén na mostra Castelao Maxistral, ao tratarse dun recordatorio do papel da educación no fomento da convivencia. Un papel do que -como lembrou o titular da Xunta- sabían os emigrantes, que formaron unha infinidade de sociedades de instrución e sementaron o seu país natal con escolas de indianos, nas que estivo “o brote da Galicia da convivencia que hoxe temos”. “A boa obra que somos, honra aos mestres que se ocupan e preocupan de abrir as xanelas do entendemento para facer dos nenos persoas libres e tolerantes”, abundou.

Nesta mesma liña, precisou que outras resposta fronte aos perigos sempre latentes contra a democracia é a propia vida de Alexandre Bóveda. “Quixeron matar a un galeguista que nunca compartiu o totalitarismo dos seus verdugos, como se demostra nese Estatuto de Autonomía do que foi un dos grandes artífices. Aquela Constitución galega contou coa achega e o alento de galegos de diferentes tendencias que viron no autogoberno un punto de encontro”, expresou, remarcando que o autonomismo, o federalismo de Castelao e Bóveda non se concibe para unha parte do pobo galego, senón para a galeguidade no seu conxunto e na súa pluralidade.

Despois de avogar por unha memoria inclusiva e non excluínte que evite trasladar ao presente querelas que xa foron superadas pola nosa sociedade, Feijóo concluíu a súa intervención dando as grazas a todos os que fixeron posible a visita a Galicia do cadro A derradeira leición do mestre: “Grazas á Real Academia Galega, ao Consello da Cultura e, moi especialmente, á Fundación Castelao e á Fundación Alexandre Bóveda. E grazas, por suposto, ao Centro Galicia de Buenos Aires, socios na Fundación Galicia América. Pola a súa colaboración para que isto sexa posible”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas