GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Retornados: moitos volven con ilusións e proxectos que poñen en marcha en Galicia

(09/10/2018)

Retornados: moitos volven con ilusións e proxectos que poñen en marcha en Galicia






A Rexión Internaconal  08/10/2018

 

En 2017 retornaron un to­tal de 6.202 galegos, dos que 1.200 fixérono á provincia de Ourense. A de Ourense é a terceira provincia con máis retorno despois da Coruña e a só 400 retornados de Pontevedra.

O retorno de emigrantes non só é importante polo regreso á terra de orixe, senón que tamén o é porque en moitos casos faino cargados de ilusións e proxectos. A mocedade, formación e expe­riencia importada doutros países de acollida fai de Ga­licia un país, máis forte e competitivo.

Os emigrantes retorna­dos, do mesmo xeito que o resto de galegos nados na Galicia territorial, son o presente e o futuro do crecemento eco­nómico, empresarial e demográfico da Comunidade Autónoma.

Por países, 532 retorna­dos fixérono desde Vene­zuela, 158 desde Suíza, 98 desde México, 61 de Alema­ña, 59 desde Francia, 48 desde Brasil, 36 de Cuba, 31 desde os Estados Unidos de Amei­rica e 30 desde Panamá. A provincia de Ourense é, con 532 persoas, a segunda en recepción de retornados de Venezuela, por detrás da Co­ruña, onde regresaron 975, e por diante de Pontevedra e Lugo.

Doutra banda, o retor­no creceu na provincia de Ourense un 82,65 % entre 2009 e 2017, pasando de 867 a 1.200 persoas. De 2016, cando rexistrou un retorno de 921 persoas, o que supón que en 2017 a cifra aumentou un 30,29%.

Retorno dos mozos

Este crecemento no retorno dos emigrantes en Ourense é especialmente importante entre os máis novos. A porcentaxe en menores de 65 anos aumentou un 81,72%, pasando dos 465 de 2009 aos 845 de 2017. Os meno­res de 45 anos creceron un 148%, dos 204 de 2009 aos 506 do pasado exerci­cio. De entre 16 e 54 anos, é dicir, en idade laboral e aínda con anos laborables por diante, incrementáronse un 132,30%, pasando dos 245 de 2009 aos 508 de 2017.

O grupo de idade cuxo retorno máis aumentou no últimos oito anos foi o de menores de 15 anos, que se disparou un 285%, dos 40 que regresaron en 2009 aos 154 que o fixeron o ano pasado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas