GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Percorrido pola historia da arte galego vinculado á emigración

(08/10/2018)

Percorrido pola historia da arte galego vinculado á emigración



    Na sede de Afundación ata o 5 de xaneiro


.



 
La Voz de Galicia


Ferrol 08/10/2018



Ata o 5 de xaneiro • de luns a venres en horario de 17 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 17 a 21 horas • A sede en Ferrol de Afundación acolle ata o 5 de xaneiro a mostra «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración», un percorrido pola historia da arte galego do século XX a través de obras de artistas que viviron na emigración.

Este proxecto expositivo reúne 40 obras de 19 artistas galegos procedentes de fondos das Coleccións de arte de Abanca e Afundación, declaradas Ben de Interese Cultural. «Castelao exerce de punto de partida deste percorrido, en cuxa obra a emigración é un tema recorrente e continúa con traballos de artistas exiliados en América tras a Guerra Civil como Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro». A través deles obsérvase a evolución da súa produción artística, na que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os conecta coas correntes internacionais máis avanzadas.

O percorrido finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara a Madrid, o centro do sistema da cultura dominante e outras cidades como Nova York ou Madrid. Haberá actividades para escolares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas