GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 100 venezolanos realizaron o curso ‘Kit de benvida’ da Asociación Amigos de Venezuela en Vigo

(04/10/2018)

Máis de 100 venezolanos realizaron o curso ‘Kit de benvida’ da Asociación Amigos de Venezuela en Vigo


E. Carbajales, Vigo | 03 Outubro 2018 - Crónicas da Emigración



Manuel Méndez -2º por la izda.-, junto con otros voluntarios de la Asociación de Amigos de Venezuela.

Manuel Méndez -2º pola izda.-, xunto con outros voluntarios da Asociación de Amigos de Venezuela.



Durante o pasado ano regresaron desde Venezuela a Galicia un total de 2.163 emigrantes galegos ou descendentes con nacionalidade española, unha cifra que está previsto aumente este ano. “A moitos dos que están a chegar agora pagáronlle o billete entre toda a familia para que poida vir traballar e logo xa traer ao resto, pero a integración social é lenta e pode tardar dous ou tres anos”, explica Manuel Méndez, educador social da Asociación de Amigos de Venezuela en Vigo, quen incide en que deberían de “vir coa documentación máis preparada, pero están a fuxir dunha situación de semiguerra”.

O perfil dos usuarios desta Asociación é moi variado e vai desde galegos emigrantes retornados, fillos de galegos que adoptaron a nacionalidade ou cónxuxes de galegos retornados ata persoas que non teñen ningunha vinculación con Galicia e están en situación irregular.

A media é de 45/50 anos con titulación universitaria superior, pero sen homologar, que se atopan nunha situación que só pode acceder a traballos non cualificados.

“Ultimamente, –explica Méndez– o perfil está a cambiar. Chegan moitos venezolanos que piden asilo político e que non tiñan vinculación con Galicia”.

Unha das principais tarefas que realizan na Asociación é informar os usuarios onde se deben dirixir nas diferentes situacións. “Nós non temos recursos para solucionar moitos dos seus problemas e por iso derivámolos aos diferentes sitios onde lles poden axudar”.

A Asociación tamén ofrece asesoramento en temas de nacionalidade e pensións e organiza charlas xunto con outras ONG. En colaboración con ‘Médicos do Mundo’ organizaron unha charla sobre o sistema sanitario e en colaboración con ‘Mulleres en Igualdade’, sobre igualdade de xénero. Tamén organizan actividades con voluntarios como unha charla sobre como crear un negocio que impartiu unha moza venezolana que ten unha consultoría empresarial ou un curso que terán en outubro sobre contabilidade básica. Ademais, están a poñer en marcha talleres de formación e capacitación e clases de reforzo de diferentes niveis de formación.


‘Kit de benvida’

 

Manuel Méndez leva desde o mes de maio facendo as súas prácticas nesta institución, na que imparte o curso ‘Kit de benvida’ polo que xa pasaron máis de 100 persoas. “Cando comecei na Asociación entrevistei a varios usuarios para ver as necesidades que había e en que situación estaban. A maioría non tiñan traballo, tiñan a titulación sen homologar e non coñecían a estrutura de Vigo, Pontevedra, Galicia e Estado e non sabían nada de contratos de traballo e por iso deseñei este curso”.

O ‘Kit de benvida’ conta cunha parte na que se falaba da procura de emprego: páxinas onde colgar o curriculum, portais e boletíns de emprego e funcionamento de Linkedin. Ademais, ofrécese información dos diferentes polígonos industriais e dos clústers dos distintos sectores; así como dos contratos, a seguridade social, as mutuas, a estrutura da nómina, os dereitos como traballadores e onde informarse se tiñan algún problema neste ámbito.

Tamén se explica a estrutura de Vigo, os servizos que oferta o Concello, tanto servizos sociais como actividades de lecer e da provincia de Pontevedra, así como a Xunta e os trámites que poden facer a través da súa páxina web e tamén do Estado, “porque eles teñen a idea de que para calquera trámite teñen que ir a Madrid pero aquí, coa tramitación dixital, non é necesario”, di Méndez, quen comenta que tamén falan sobre o proceso de homologación de títulos e as diferentes opcións de formación.

 

Homologación de títulos

 

 

A homologación de títulos é un dos problemas con que se atopan os venezolanos cando chegan a España. “Nos catro meses que eu levo traballando na Asociación ninguén conseguiu validar un título universitario”, asegura Méndez, quen explica que o proceso é moi complicado e pode resultar caro, xa que a taxa para secundaria é de 48 euros e para títulos universitarios está sobre 175 euros, “o que supón moito diñeiro para xente que vive con 300 ó 400 euros ao mes”, explica.

“Para levar a cabo a homologación –explica– teñen que apostilar o título no Ministerio de Educación de Venezuela que practicamente non está a dar citas e están a tardar uns seis meses”. Ademais, están a atoparse con bastantes casos de venezolanos aos que lles mandan apostilas falsas e decátanse cando van homologar o título.

Unha vez que teñen toda a documentación, a homologación do título de secundaria faise na Xunta de Galicia e tarda entre dous e catro meses, pero a universitaria é máis complicada e adoita levar uns 18 meses. Ademais, non lle validan todo e a maioría terían que pasar pola universidade e examinarse dalgunhas materias.

Durante os cursos e aos usuarios que chegan á Asociación, Manuel Méndez insístelles moito na necesidade de contar con algún título oficial, “xa que, se non o teñen, só poden acceder aos traballos sen ningún tipo de cualificación”.

“Eu sempre expoño varias opcións e logo eles seguen o que máis lles poida interesar. O plan A, sería homologar o título; o plan B, a proba libre de secundaria; e o plan C, facer o exame de competencias crave que organiza o departamento de Emprego e desde aí poden acceder a un certificado de profesionalidade que é o equivalente á formación profesional”, explica este traballador social.

En setembro un grupo de 10 venezolanos presentouse á proba libre de secundaria e aprobárona cinco. “Preparárona axudándose uns a outros. Cada un explicaba as materias do seu ámbito. Eu considero que foi un éxito”, explica Méndez, “porque prepararon en 12 semanas algo que en España faise en catro cursos”.

Méndez explica que o sistema actual é así, pero “eu creo que se deberían ofertar cursos de integración social a niveis cualificados para que Galicia póidase beneficiar dese talento e contar con informáticos, soldadores e contables, entre outros, xa que actualmente ao inmigrante sempre se lle ofertan traballos non cualificados polo que seguirán en risco de inclusión social”, asegura.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas