GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

'A derradeira leición do mestre' de Castelao chega a Galicia tras 70 anos de 'exilio'

(02/10/2018)

'A derradeira leición do mestre' de Castelao chega a Galicia tras 70 anos de 'exilio'

A icónica obra exporase no Gaiás desde este venres ata o 3 de marzo

 
02.10.2018 | La Opinión

 

 

A derradeira leición do mestre, obra icónica do artista e intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, chegou onte ao Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura, en Santiago, procedente do Centro Galicia de Buenos Aires.

 

O óleo, de máis de dous metros de altura, viaxou desde Arxentina a Madrid o pasado fin de semana e foi trasladado por estrada ata Santiago, onde chegou escoltado por axentes da Policía Autonómica. Exhibirase a partir deste venres, e ata o 3 de marzo de 2019.

 

Chega a Galicia por primeira vez desde a súa creación no exilio hai máis de 70 anos, unha peza cargada de simbolismo para a cultura galega que centrará no Museo Centro Gaiás a exposición Castelao maxistral, dedicada a homenaxear á educación, á loita pola liberdade e aos galegos emigrantes. Castelao pintou este coñecido cadro no ano 1945 en Buenos Aires, en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas