GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Retornados e emigrantes beneficiaranse de axudas á vivenda nas rutas xacobeas

(25/09/2018)

Retornados e emigrantes beneficiaranse de axudas á vivenda nas rutas xacobeas



Redacción, Santiago | 24 Setembro 2018 - Crónicas da Emigración 

 





Os galegos retornados que posúan a nacionalidade española, así como os residentes no exterior que dispoñan dunha vivenda en calquera dos sete Camiños de Santiago e queiran volver habitala ou reparala para destinala ao aluguer poderanse beneficiar das axudas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta destina á recuperación do patrimonio cultural. Cun total de 2,9 millóns de euros orzados para tal fin, a axuda, que vai pola cuarta convocatoria, poderase solicitar ata o 31 de outubro a razón dun máximo de 15.000 euros por vivenda.

Na súa aposta por fomentar a recuperación do patrimonio construído e mellorar as condicións de vida dos ocupantes das vivendas e os espazos públicos nos municipios polos que transcorren as rutas xacobeas en Galicia, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca un ano máis as axudas á rehabilitación de casas e edificios nestas áreas.

Cun total de 2,9 millóns de euros destinados para este fin no ano en curso, os interesados, grazas ao programa 'Vivendas do Camiño’, poderán acceder a estas axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ata o próximo 31 de outubro.

Entre os potenciais beneficiarios destas partidas atópanse os retornados que posúan a nacionalidade española e os residentes no estranxeiro que desexen volver habitar a súa vivenda ou darlle vida, destinándoa ao aluguer.

As contías pódenas solicitar tanto as comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades e propietarios como as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou vivendas que estean emprazadas na área e en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada pola Consellería.

Un total de 445 parroquias de 107 municipios das catro provincias galegas benefícianse destas axudas, que van dirixidas a adecuar a seguridade dos edificios e vivendas, a protección fronte á auga e a humidade, garantir as condicións de salubridade das vivendas, adecuar as instalacións eléctricas de auga ou de telecomunicacións á normativa vixente, reducir a demanda enerxética e garantir a súa accesibilidade.

O importe máximo destas axudas será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e poderán cubrir ata o 35% do orzamento. As axudas autonómicas terán un importe máximo de 4.000 euros por cada vivenda, sen que en ningún caso poida exceder o 10% do custo subvencionable da actuación.

A importancia do Camiño de Santiago explica o investimento da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, coa vista posta no ano 2021, cando terá lugar o Ano Santo compostelán.

No marco da área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago, o mencionado departamento da Xunta está a desenvolver a súa aposta por fomentar a recuperación do patrimonio construído, mellorando as condicións de vida dos ocupantes das vivendas e os espazos públicos e creando unha dinámica favorable ao investimento na zona, ademais da consideración da paisaxe residencial como motor do desenvolvemento da súa contorna.

A rehabilitación de vivendas e edificios constitúe unha vía de desenvolvemento importante, segundo considera a Consellería, sobre todo en tempos en que a nova construción de vivendas atópase estancada e existen casas tradicionais en desuso ou en malas condicións.

Con actuacións como esta, o departamento que se encarga das infraestruturas e vivendas en Galicia entende que se está impulsando a mellora da calidade de vida das persoas que habitan estas construcións, á vez que permite a mellora da paisaxe e as contornas urbanas e xera emprego e riqueza nestes lugares con vistas a fixar poboación neles.

As obras de rehabilitación deberán estar concluídas e cualificadas definitivamente antes da conclusión do prazo de presentación da solicitude das axudas (31 de outubro).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas