GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

En marcha o Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores

(14/09/2018)

En marcha o Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores

 

En marcha el Programa Talento Sénior para impulsar el retorno de investigadores

En marcha o Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores

 

A REXIÓN INTERNACIONAL 14/09/2018


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzaba hai algúns días a posta en marcha do novo Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadoras e investigadores doutores e profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas na área de I+D+i. Desenvolverán, dixo, proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitario e centros tecnolóxicos.

Durante a súa intervención, Feijóo precisou que esta iniciativa está dirixida a persoas con máis de cinco anos de experiencia, co obxectivo de chegar a unhas 15 contratacións e cun investimento inicial de preto dun millón de euros, ampliable.

Deste xeito, as entidades interesadas contarán cun incentivo de 64.000 euros por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a tres anos, e deberán achegar á ou ao profesional que se incorpore ao organismo un salario de cando menos 40.000 euros brutos por anualidade.

Así mesmo, a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, esixe a excelencia das propostas, e só se terán en conta aquelas que alcancen unha puntuación mínima do 60% do total dos puntos establecidos no baremo.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta subliñou que entre outros criterios, valorarase: o perfil da persoa para contratar, a súa experiencia e traxectoria internacional, a presentación dun plan de igualdade de xénero no equipo do proxecto e que a persoa contratada sexa muller e as contratacións indefinidas.

Co fin de estimular a demanda de profesionais de alta cualificación tanto no sector público como no privado, Feijóo aseverou que dos 15 contratos previstos para este ano, nove están reservados a empresas e seis a organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos. E o programa terá carácter retroactivo, de maneira que poderá optar o persoal que se incorporase a entidade beneficiaria da axuda desde o pasado un de xaneiro.

É preciso subliñar que este novo programa está incluído no Plan Galicia Innova e compleméntase con outros como o Oportunius ou o programa Principia, que permitiu desde a súa posta en marcha a incorporación de 372 profesionais menores de 35 anos en 158 entidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas