GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A literatura da emigración

(12/09/2018)

A literatura da emigración

A Universidade de Vigo acolle o XIII Congreso Internacional da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos

 

12.09.2018 | Faro de Vigo

 

 

O concelleiro de Facenda (d.), Jaime Aneiros, cos relatores no Pazo de Castrelos. // José Lores

 

 

 

 

 

Ata o vindeiro venres, Vigo será o centro de operacións de máis de 130 relatores nacionais e internacionais que participan no XIII Congreso da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos. A emigración é o tema central sobre o que vira o evento, un aspecto que tamén se abordará desde a visión dos autores galegos.

 

A facultade de Filoloxía e Tradución acolle desde onte e ata o vindeiro venres o XIII Congreso Internacional da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos, no que participan máis de 130 relatores que achegan a súa visión sobre diferentes aspectos do tema sobre o que vira o evento: a emigración. A mesa sobre "Editorial Galaxia e a literatura galega de emigración" foi un dos eventos máis destacados da primeira xornada. Ás 20.00 horas no Pazo de Castrelos o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, recibiu aos participantes.

 

As conferencias dos expertos divídense en dous bloques, un dedicado á denominada emigración clásica, a que levou aos españois a Latinoamérica; e outro orientado á emigración máis actual, que se produce en sentido contrario e está provocada pola crise política e económica dos países do outro lado do charco. No primeiro bloque estaba enmarcada a mesa redonda sobre a Editorial Galaxia, que en 2020 cumprirá 70 anos, na que onte interviñeron o seu presidente, Francisco Castro; a profesora da USC e coordinadora do Dicionario de Literatura Galega, Dores Vilavedra, e o escritor Xavier Alcalá.

 

Como introdución, Castro destacou que nos anos 50 "había máis galegos censados en Buenos Aires que en moitas cidades de Galicia " e lembrou a honra que supuxo que Santiago de Compostela fose a cidade convidada á Feira do Libro de Buenos Aires en 2016. Instantes despois Vilavedra, que está a preparar un libro inédito sobre Neira Vilas, destacou que este autor "é un novo clásico no catálogo de Galaxia" e apuntou que se marchou a Buenos Aires e posteriormente a Cuba "para facer a Revolución".

 

Sobre o tratamento do movemento migratorio en Galicia destacou o labor de Ramón Piñeiro, fundador da editorial e que promoveu un programa de defensa do idioma. "Para el a causa da emigración non era só o atraso económico que vivía Galicia, senón que tamén o achacaba a unha decisión individual coa que as persoas buscaban o triunfo persoal", comentou Vilavedra, ao que engadiu que este filósofo e político impulsou sempre o feito de que os emigrados galegos "debían financiar as obras e a literatura galega". Deste labor puxo como exemplo o apoio de Neira Vilas á cultura local desde terras cubanas.

 

Pola súa banda, Alcalá quixo pór de manifesto datos da historia da emigración galega, como que "o maior movemento produciuse entre Arxentina, Cuba e Galicia sobre todo a partir do 29" e a pena que lle produciu que "o maior Centro Galego do mundo, que estaba na Habana, pechase cando tiña máis de 65.000 socios". O escritor está moi comprometido co tema central do congreso, xa que el mesmo defínese como "un inmigrante en terra de inmigrantes".

 

"Na miña adolescencia todos marchábanse a Europa e logo eu emigrei a Madrid, Lisboa e Nova Jersey", asegurou, ao que engadiu que nas súas viaxes coñeceu a Celso Emilio Ferreiro ou Branco Amor, entre outros grandes autores. "Voltar" ou "Fábula", onde fala dos retornados, son algúns libros onde Alcalá trata de preto a emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas