GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno recoñece a pensión asistencial por ancianidade aos españois retornados desde Venezuela

(06/09/2018)

O Goberno recoñece a pensión asistencial por ancianidade aos españois retornados desde Venezuela

 

Redacción, Madrid | 05 Setembro 2018 - Crónicas da Emigración

 

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, a través da Secretaría de Estado de Migracións, vai recoñecer a pensión asistencial (non contributiva) por ancianidade aos españois retornados de Venezuela ata que cumpran os requisitos para acceder ás pensións non contributivas que xestionan as comunidades autónomas, entre eles ter 10 anos de residencia en España, dous dos cales deben ser inmediatamente anteriores á solicitude da prestación.

Desde o 31 de decembro de 2015, segundo lembra o Goberno español, o Instituto Venezolano de Seguros Sociais non transfire as pensións aos residentes no estranxeiro, algo que criticaban os colectivos de emigrantes retornados do país suramericano.

“Este Goberno fixou o criterio de valorar a contía destas prestacións tendo en conta o tipo de cambio real, afectado pola gran desvalorización da moeda venezolana”, afirmou a secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, quen engadiu que “a medida beneficiará a uns 300 españois retornados de Venezuela, que comezarán a recibir a prestación asistencial antes de finais deste ano. Atendemos así a reivindicación dun colectivo que atravesa unha situación de especial dificultade”.

A medida da Dirección Xeral de Migracións, que podería supoñer un custo próximo aos 1,5 millóns de euros, aplicarase con efectos desde principios deste ano.

Para o resto dos retornados españois de Venezuela que non se poidan acoller a esta medida da Secretaría de Estado de Migracións, a Seguridade Social está a buscar unha solución, especialmente para o colectivo de españois que teñen dereito a unha pensión contributiva prorrateada por cotizar en Venezuela e en España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas