GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A subdelegada do Goberno falou con Llano en Burela de seguridade e inmigración

(04/09/2018)

A subdelegada do Goberno falou con Llano en Burela de seguridade e inmigración

«De momento non hai previsión de peche de ningún cuartel», manifestou

 


burela / a voz 04/09/2018

 

 

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo onte un encontro en Burela co alcalde Alfredo Llano. Neste primeiro encontro falaron de seguridade, de posibles melloras no cuartel da Garda Civil asentado na localidade burelense; tamén trataron a inmigración e a convivencia entre habitantes de tantas nacionalidades, e -en xeral- tamén aproveitaron o encontro para falar de infraestruturas e incluso de temas de pesca.

 

Con relación á seguridade e ao cuartel, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, volveu incidir en que non está previsto eliminar ningún cuartel, «esa previsión non é real; de momento non existe nada neste sentido que deba preocuparnos», sinalaron Llano e Isabel Rodríguez.

 

Arranxo da estrada

 

Con respecto á seguridade, en xeral, ambos coincidiron en que «Burela é un sitio tranquilo; a pesar de todo imos celebrar unha xunta local de seguridade proximamente».

 

O arranxo da estrada da costa ou a situación «penosa» de Feve foron algúns dos temas tratados tamén onte con carácter xeral. Con respecto a Feve, Isabel Rodríguez tratará de xestionar unha entrevista co presidente de Adif. Tamén quedaron en celebrar unha reunión sobre violencia de xénero.

 

«De momento non hai previsión de peche de ningún cuartel»

 

«Esa información que saiu non seu momento, foi interesada, pero non é certo»

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas