(03/09/2018)
Ribeira / La Voz 30/08/2018
Este ano, os emigrantes retornados quedaron sen vacacións e, a diferenza do ocorrido en veráns anteriores, saíron á rúa en pleno mes de agosto para reclamar o seu dereito a recibir un trato igualitario por parte de Facenda á hora de tributar polas súas pensións. Menos que noutras ocasións, pero igualmente ruidosos, os pensionistas percorreron as rúas de Ribeira con chifres e petardos para recordar a quen manda que seguen na brecha.
«Nós non pedimos esmola nin que nos suban as pensións, pedimos que nos devolvan os cartos que nos están roubando», explicaba un dos habituais nas manifestacións que cada mes percorren as rúas de Ribeira. O discurso dos emigrantes retornados non cambiou, pero si o destinatario das súas consignas: «Pedro, estamos aquí, seguimos na rúa».
En canto ás xestións para tratar de lograr os cambios na lexislación que reclaman, en xullo enviouse unha solicitude de reunión aos partidos políticos a nivel nacional e algúns xa contestaron brindándolles o seu apoio e emprazándoos a unha reunión no mes de setembro.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas