GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xavier Alcalá: «Na actualidade, o drama de Galicia é que a diáspora aínda non acabou»

(02/08/2018)

Xavier Alcalá: «Na actualidade, o drama de Galicia é que a diáspora aínda non acabou»

O novelista conta unha historia que pon ao descuberto unha cara menos coñecida da emigración galega

 

.

 

x. f.
redacción / a voz 01/08/2018

O escritor Xavier Alcalá presenta hoxe a súa última novela na Feira do Libro da Coruña, ás 20.30 horas. Publicada pola editorial Galaxia, The making of conta a historia dun escritor que, grazas a un xornalista galego coñecido como Cholo, indaga na vida de Alfredo Mosquera, o Coghomelo, un emigrante galego chegado a Arxentina nos anos 30 que colaborou cos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.

 

-Na súa obra xa ten tomado Arxentina como espazo literario. Por que regresar de novo?

 

-Para min existe un atractivo vivencial. Pasei moito tempo noutros sitios como Bruxelas, pero non me chegaron da mesma forma que Arxentina. As Américas en xeral, e as inmensidades do Brasil e da Arxentina en particular, lévanme a que non poida parar de buscar ambientacións. A enormidade deses territorios vastos e baleiros xa me arrastra. Esta é unha novela que debía ter escrito hai bastantes anos, pero polo medio se me meteron outras historias. Non é que eu volvese á Arxentina, todo isto xa viña de atrás. Teño unha relación persoal e familiar co país que me facilita moito as cousas.

 

-Na novela hai dúas historias que conviven en tempos distintos, unha ten que ver co recordar e a outra co sobrevivir. Como se relacionan entre si?

 

-En The making of hai dúas novelas de viaxe que transcorren en paralelo. Está o escritor que vai e vén á Arxentina, que é onde transcorre a historia do outro personaxe, que é o que fai a gran viaxe. O que sae dunha aldea da Ferrolterra, pasa por Buenos Aires e acaba en Comodoro Rivadavia, que é a capital do petróleo na Arxentina xusto no momento da Segunda Guerra Mundial, no que todas as potencias se están pelexando polos recursos escasos. Todo o que se refire aos tempos antigos, é dicir, o que transcorre entre o ano 33 e o 43, é a historia dun tipo que anda a sobrevivir ata que algo lle falla, mentres que logo hai dous tipos, un xornalista e un novelista, que viven nos anos 90 e que non teñen necesidade de sobrevivir. Estes dous aínda están conectados cos vellos que quedan vivos e que saben da historia que nunca se contou, porque non é conveniente contar historias de cacos na emigración, e menos aínda se eses cacos se dedican a traballar para os nazis. Un dos personaxes da novela di que tamén hai que contar a cara B da emigración para que a cara A sexa máis nobre. Por outro lado, foi moi fácil meterme no ambiente da época grazas ao que me contaron os vellos, as revistas e xornais do momento e ao traballo da xente da universidade da Patagonia.

 

-Hai unha parte da emigración galega que aínda non se coñece?

 

-Na actualidade, o drama de Galicia é que a diáspora non acabou. O peso da emigración dos galegos polo mundo, sobre todo polas Américas, pero sen esquecer Europa e Asia, dá como para facer cátedras de historia da emigración. O que se conta na novela está baseado nunha documentación que eu creo que debería estar nas mans dos historiadores, non dos novelistas, xa que aínda queda un labor inxente neste campo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas